PREGUNTAS DA XUVENTUDE
Que debería facer despois de bautizarme? | Parte 1. Sigue activo
As cousas que teñen valor, coma unha casa ou un coche, necesitan un bo mantemento. Pois coa túa amistade con Deus pasa o mesmo. Que podes facer para seguir sendo amigo de Deus despois de bautizarte?
Neste artigo verás:
Sigue estudando a Biblia
Texto clave: “Mentres facedes boas obras de todo tipo e aumentades o voso coñecemento exacto de Deus” (Colosenses 1:10).
Que quere dicir: Despois de bautizarte, terás que seguir lendo a Biblia e meditando no que aprendes (Salmo 25:4; 119:97).
Que pode pasar: Ás veces, non che vai apetecer facelo e pode que acabes pensando que non se che dá ben estudar.
Que podes facer: Aprende máis sobre os temas da Biblia que che gustan. Esfórzate por ter o teu propio programa de estudo persoal, un que non sexa aburrido para ti. Recorda que o teu obxectivo é facer que o teu amor por Xehová e pola súa Palabra medre cada vez máis. Estudar desa maneira será bo para ti e ademais desfrutarás moito (Salmo 16:11).
Consello: Para sacar o máximo proveito, estuda nun sitio tranquilo e sen distraccións.
Necesitas axuda?
Le:
“Como me pode axudar a Biblia? | Parte 2. Desfruta lendo a Biblia”
Mira:
Descarga:
Sigue orando a Xehová
Texto clave: “Non vos angustiedes por nada. En vez diso, en calquera situación, facédelle saber a Deus as vosas peticións con oracións e súplicas, e dándolle grazas” (Filipenses 4:6).
Que quere dicir: A comunicación con Deus é un camiño de dous sentidos. Por un lado, escóitalo cando les a Biblia, e por outro, fálaslle cando lle oras. Podes pedirlle que che axude e tamén darlle grazas polas cousas boas que recibiches.
Que pode pasar: Pode ser que as túas oracións se volvan repetitivas e acabes dicindo sempre o mesmo. Incluso poderías empezar a ter dúbidas de se Xehová de verdade te está escoitando ou se lle importas (Salmo 10:1).
Que podes facer: Durante o día, vai pensando no que lle queres contar a Xehová. Se non podes orar xusto nese momento, intenta non esquecerte dese asunto para orar máis tarde sobre el. E non pidas só polo que che preocupa a ti. Pensa tamén no que necesitan os demais (Filipenses 2:4).
Consello: Se notas que as túas oracións se volven repetitivas, óralle a Xehová sobre iso. El quere que lle contes tódalas túas preocupacións, incluídas tamén as que teñen que ver coas túas oracións (1 Xoán 5:14).
Necesitas axuda?
Le:
Descarga:
Sigue falando das túas crenzas
Texto clave: “Presta atención constantemente á túa conduta e á túa ensinanza [...] porque así salvaraste a ti mesmo e tamén ós que te escoitan” (1 Timoteo 4:16).
Que quere dicir: Cando falas con outros sobre as túas crenzas, fortaleces a túa fe. Grazas a iso, podes salvar a vida dos que te escoitan, e tamén a túa.
Que pode pasar: Pode ser que non che apeteza falar das túas crenzas, ou que incluso che dea medo facelo, sobre todo na escola.
Que podes facer: Decídete a non deixar que os sentimentos negativos, como por exemplo o medo, controlen as túas decisións. O apóstolo Paulo escribiu: “Incluso se o fago [predicar as boas noticias] en contra da miña vontade, aínda así, é a responsabilidade que se me encargou” (1 Corintios 9:16, 17).
Consello: Co permiso dos teus pais, faite amigo dalgún irmán que che poida axudar e que sexa un bo exemplo na predicación (Proverbios 27:17).
Necesitas axuda?
Sigue asistindo ás reunións
Texto clave: “Esteamos pendentes uns dos outros para motivarnos a mostrar amor e a facer boas obras, sen deixar de reunirnos” (Hebreos 10:24, 25).
Que quere dicir: A razón principal pola que imos ás reunións é para adorar a Xehová, pero tamén hai dúas razóns máis. A primeira é que os irmáns e as irmás animarante a ti. E a segunda é que cando vas ás reunións e comentas nelas, ti anímalos a eles (Romanos 1:11, 12).
Que pode pasar: Ás veces pode ser que te distraias e te poñas a pensar noutras cousas durante a reunión, e iso podería facer que te perdas información moi valiosa. Ou pode ser que non vaias a tódalas reunións porque esteas demasiado ocupado con outras cousas, como por exemplo os deberes ou os traballos da escola.
Que podes facer: Aínda que é importante que fagas os deberes e os traballos da escola, ponte a meta de ir a tódalas reunións e de aproveitalas ó máximo. Participa nelas levantando a man para comentar. Despois da reunión, felicita a alguén pola súa asignación ou polo seu comentario.
Consello: Prepárate antes de ir ás reunións. Descarga a aplicación JW Library® e utiliza a pestana “Reunións” para ver que se vai analizar en cada reunión.
Necesitas axuda?