BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w23 novembro páx. 31
  • Hulda conseguiu a súa meta

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Hulda conseguiu a súa meta
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
  • Información relacionada
  • Unha biblioteca na palma da túa man
    Como se usan as túas doazóns
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
w23 novembro páx. 31

Hulda conseguiu a súa meta

NA PEQUENA illa de Sangir, en Indonesia, hai tres irmás nosas que son moi coñecidas por predicar e axudarlles ás persoas a entender a Biblia. Pero se visitases esta illa uns anos atrás, é posible que as atopases na praia facendo algo totalmente diferente.

Un mapa de Indonesia e os países veciños. Un recadro mostra a pequena illa de Sangir.

A illa de Sangir, na parte norte de Indonesia

Primeiro, metíanse na auga e buscaban pedras grandes para levar de volta á praia. Algunhas eran tan grandes coma balóns de fútbol! Despois, sentábanse nuns banquiños de madeira e usaban martelos para romper as pedras en anacos máis pequenos ca un ovo de galiña. A continuación, colocaban as pedriñas nuns caldeiros de plástico e subíanos por unhas escaleiras para levalos ata as súas casas. Alí metían as pedras en bolsas grandes para que puidesen ser transportadas en camións e usadas como material de construción de estradas.

Hulda, recollendo pedras na praia

Unha destas irmás chámase Hulda. As súas circunstancias permitíanlle pasar máis tempo cás outras facendo este traballo. Normalmente, destinaba tódolos cartos que ganaba para comprar as cousas que necesitaba a súa familia. Pero, durante un tempo tamén quixo gardar algo para outro propósito: comprar unha tableta para poder ter acceso á aplicación JW Library®. Hulda descubrira que os vídeos e demais contido desta aplicación lle axudarían na predicación e a entender mellor a Biblia.

Durante mes e medio, Hulda estivo traballando dúas horas extra cada mañá e esnaquizou suficientes pedras como para encher un camión pequeno. Así, puido conseguir os cartos que necesitaba para comprar a tableta.

Hulda coa súa tableta

“Aínda que romper tantas pedras me deixou moi cansada e con algunhas dores”, conta Hulda, “todo isto esquecéuseme rapidamente cando tiven nas mans a miña tableta nova e puiden prepararme mellor e máis facilmente para predicar e estudar as reunións”. Tamén dixo que a tableta lle axudara moito ó principio da pandemia porque, grazas a ela, puido conectarse coa congregación para as reunións e a predicación. E nós estamos tan contentos coma ela de que puidese alcanzar a súa meta!

    Publicacións en galego (1993-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir