BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • 1 Tesalonicenses 3
  • A Biblia, SEPT

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia, SEPT
  • Dispoñible en Tradución do Novo Mundo (nwt)
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
A Biblia, SEPT
1 Tesalonicenses 3:1-13

Primera Carta ós Tesalonicenses

3 Por iso, non aguantando máis, ordenamos de quedar sós en Atenas 2 e mandarvos a Timoteo, o noso irmán e colaborador de Deus no Evanxeo de Cristo, para vos enfortecer e vos dar azos na vosa fe, 3 a fin de que ninguén se estremeza coas presentes dificultades: ben sabedes vós que para iso estamos. 4 Cando estabamos aínda convosco xa vos avisamos que iades ter que aturar dificultades. E, como vedes, asi foi. 5 Por iso, eu tampouco non aguantei máis e mandeino a que se informase da vosa fe; non fose que vos seducise o tentador e o noso traballo resultase estéril.

6 Pero agora, xa chegou Timoteo de onda vós e déuno-las boas novas da vosa fe e caridade e de que tedes sempre bo recordo de nós, anceiando vernos tanto coma nós a vós. 7 Así, irmáns, en medio de tódalas nosas adversidades e tribulacións, vós coa vosa fe dádesnos ánimos, 8 e agora sentímonos vivir sabendo que vós estades firmes no Señor. 9 ¿Con que acción de gracias lle poderemos pagar a Deus por vós, por toda a alegría que pola vosa causa temos diante do noso Deus? 10 Rogámoslle con insistencia noite e día que poidamos visitarvos persoalmente e enche-las fallas que teña a vosa fe.

11 Que o mesmo Deus, noso Pai, e o noso Señor Xesús, endereiten o noso camiño cara a vós. 12 E a vós, que o Señor vos faga medrar no amor duns cos outros e con todos, ata rebordar, como nos pasa a nós respecto de vós. 13 Que El afinque os vosos corazóns nunha santidade sen tacha diante de Deus, noso Pai, cando veña o noso Señor Xesús con tódolos seus santos.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir