BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
Publicacións en galego (1993-2026)
Pechar sesión
Iniciar sesión
BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Benvido!
Esta é unha ferramenta para consultar as publicacións das Testemuñas de Xehová en varios idiomas.
Se desexas descargar publicacións, podes dirixirte a jw.org.
  • Hoxe

Mércores 24 de setembro

A onde queira que teñamos chegado, sigamos na mesma liña (Filip. 3:16).

Seguramente, de vez en cando, escoitarás experiencias de irmáns e irmás que decidiron aumentar o seu servizo a Xehová. Quizais asistiron ó Curso para Evanxelizadores do Reino ou se mudaron a un lugar no que había máis necesidade na predicación. Se podes poñerte este tipo de metas, non o dubides. Os servos de Xehová sempre queremos buscar a maneira de facer máis por el (Feit. 16:9). Pero que pasa se de momento non podes? Non penses que vales menos que os que si poden. Recorda que os cristiáns participamos nunha carreira na que é moi importante o aguante (Mat. 10:22). Se fas todo o que podes dentro das túas circunstancias e capacidades, Xehová sentirase moi feliz. Esta tamén é unha maneira importante de seguir constantemente a Xesús despois de bautizarte (Sal. 26:1). w24.03 páx. 10 par. 11

Analicemos as Escrituras tódolos días 2025

Xoves 25 de setembro

El perdoounos tódolos pecados (Col. 2:13).

O noso Pai celestial prométenos que nos vai perdoar se nos arrepentimos (Sal. 86:5). Así que se sentimos verdadeiro pesar polos pecados que cometemos, podemos confiar en que Deus nos perdoou, tal e como nos prometeu. Recorda que el non é un Deus inflexible, nin difícil de contentar. Máis ben é razoable e nunca nos esixe máis do que podemos dar. Valora moito todo o que facemos por el, sempre que lle deamos o mellor de nós. Outra cousa que nos pode axudar é meditar no exemplo de personaxes da Biblia que serviron a Xehová de todo corazón. Pensa, por exemplo, no apóstolo Paulo. Traballou moi duro durante anos viaxando miles de quilómetros e fundando moitas congregacións. Pero, perdería a aprobación de Deus cando cambiaron as súas circunstancias e xa non puido facer tanto coma antes? Non. El continuou facendo todo o que podía, e Xehová bendiciuno (Feit. 28:30, 31). De maneira parecida, quizais non sempre poidamos facer o mesmo no servizo a Xehová. Pero, para el o máis importante son os motivos que hai detrás do que facemos. w24.03 páx. 27 pars. 7, 9

Analicemos as Escrituras tódolos días 2025

Venres 26 de setembro

Xesús levantouse cedo pola mañá, foise a un lugar apartado e alí púxose a orar (Mar. 1:35).

Xesús púxonos un bo exemplo coas súas propias oracións. Orou con frecuencia durante todo o seu ministerio. Para poder facelo, tivo que sacar tempo porque normalmente estaba ocupado e rodeado de moita xente (Mar. 6:31, 45, 46). Por exemplo, levantábase cedo pola mañá para poder estar só e ter tempo para orar. Ademais, polo menos nunha ocasión, pasou toda a noite orando antes de tomar unha decisión moi importante (Luc. 6:12, 13). E a noite antes de morrer, orou unha e outra vez para poder cumprir coa parte máis difícil da tarefa que Xehová lle encargara aquí na Terra (Mat. 26:39, 42, 44). O exemplo de Xesús ensínanos que temos que sacar tempo para orar sen importar o ocupados que esteamos. Coma el, poida que teñamos que buscar momentos específicos para facelo. Por exemplo, quizais teñamos que levantarnos máis cedo pola mañá ou ir durmir un pouquiño máis tarde. Se o facemos, demostrarémoslle a Xehová que valoramos este regalo tan especial. w23.05 páx. 3 pars. 4, 5

Analicemos as Escrituras tódolos días 2025
Benvido!
Esta é unha ferramenta para consultar as publicacións das Testemuñas de Xehová en varios idiomas.
Se desexas descargar publicacións, podes dirixirte a jw.org.
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir