BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Hebreos 7
  • A Biblia, SEPT

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Hebreos 7:11

Índices

  • Guía de estudo

    Fontes de información, 9/2019, páxs. 4-5

Hebreos 7:18

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    10/2023, páx. 25

Hebreos 7:19

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    10/2023, páx. 25

Hebreos 7:25

Índices

  • Guía de estudo

    Preguntas sobre a Biblia, artigo 140

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia, SEPT
  • Dispoñible en Tradución do Novo Mundo (nwt)
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
  • 26
  • 27
  • 28
A Biblia, SEPT
Hebreos 7:1-28

Carta ós Hebreos

7 Este Melquisedec, rei de Salén, sacerdote do Deus Supremo saíu ó encontro de Abraham, cando voltaba de derrota-los reis, e bendiciuno. 2 Abraham con el repartiu a décima parte de todo. En primeiro lugar, o seu nome quere dicir: “Rei de xustiza”; logo, o título Rei de Salén quere dicir “Rei de paz”. 3 O feito de se nos presentar sen o nome do pai, nin o da nai, sen xenealoxía, sen a data do comezo dos seus días nin a da fin da súa vida, faino semellante ó Fillo de Deus e dá a entender que permanece sacerdote para sempre.

4 Ollade que grande tivo que ser este a quen o patriarca Abraham lle deu unha décima parte do mellor do seu saqueo. 5 Mentres ós fillos de Leví, que reciben servicio de sacerdotes, a Lei lles manda que lle cobren unha décima parte ó pobo escollido (isto é, ós seus irmáns, aínda que son coma eles fillos de Abraham), 6 Melquisedec, que non ten unha ascendencia sacerdotal, recibe de Abraham a décima parte e bendí a aquel a quen Deus lle fixo as promesas. 7 Ora, está fóra de toda discusión que todo aquel que bendí é máis có que é bendito. 8 No caso dos fillos de Leví, os que reciben a décima parte son homes que morren; pero no caso de Melquisedec recíbea un de quen se testemuña que vive. 9 Por así dicir, o mesmo Leví, que recibe a décima parte, veuna pagar na persoa de Abraham 10 pois xa estaba presente en seu pai, cando lle foi ó encontro Melquisedec.

11 Certo que, se a perfección da salvación viñese polo sacerdocio levítico, xa que en relación con el recibiu o pobo a Lei, ¿que necesidade habería aínda de que surxise outro sacerdote na liña de Melquisedec e de que non se chamase “da liña de Aharón”? 12 Porque, ó cambia-lo sacerdocio, hai que cambiar necesariamente a Lei. 13 Pero este de quen fala o salmo é doutra tribo, na que ninguén estivera ó servicio do altar. 14 Porque é máis que coñecido que o noso Señor vén da tribo de Xudá, tribo da que nada dixo Moisés tocante ó sacerdocio.

15 Pero aínda é máis claro se surxe outro sacerdote á semellanza de Melquisedec, 16 quen non resulta sacerdote por unha Lei que preceptúa acerca da liñaxe, senón por unha forza que vivifica para sempre, 17 pois así o testifica Deus: “Ti es sacerdote para sempre, na liña de Melquisedec”. 18 Por un lado, Deus abroga un precepto pasado, porque xa non ten forza obrigante nin utilidade, 19 —isto vese no feito de que a Lei non levou nada á perfección—; e, polo outro, introduce unha esperanza máis poderosa, xa que por medio dela podemos achegarnos a Deus.

20 Ademais, Xesús, polo feito de o constituíren sacerdote cun xuramento (porque ós sacerdotes xudeus constituíronos sen xuramento, 21 mentres que a El constituíuno cun xuramento dicíndolle: “Xurouno o Señor, e non cambiará de pensar: Ti es sacerdote para sempre”), 22 por ese feito resultou ser fiador dunha alianza de moita máis valía.

23 Aqueles foron moitísimos sacerdotes, porque a morte non os deixaba ser duradeiros; 24 pero este ten un sacerdocio imperecedeiro, xa que dura para sempre. 25 Por iso pode levar á plenitude da salvación para sempre ós que por El se achegan a Deus, xa que en todo momento vive para interceder por eles.

26 Pois era xustamente deste xeito o sacerdote que nós precisabamos: santo, sen ruindade e sen pecado, separado dos pecadores e levantado a unha gloria máis alta có mesmo ceo. 27 Non necesita ofrecer sacrificios cada día, en primeiro lugar polos seus pecados e logo polos do pobo, coma os outros Sumos Sacerdotes; pois isto fíxoo dunha vez para sempre, ofrecéndose a si mesmo. 28 En síntese, a Lei constitúe Sumos Sacerdotes a homes débiles, mentres que o xuramento que vén despois da Lei constitúe Sumo Sacerdote ó Fillo que logrou a salvación plena para sempre.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir