BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • 2 Timoteo 4
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de 2 Timoteo

      • “Cumpre por completo o teu ministerio” (1-5)

        • Predicar a palabra de Deus con sentido de urxencia (2)

      • “Loitei a batalla excelente” (6-8)

      • Comentarios persoais (9-18)

      • Despedida (19-22)

2 Timoteo 4:2

Notas

  • *

    Ou “exhorta”.

  • *

    Ou “arte”.

2 Timoteo 4:3

Notas

  • *

    Ou “saudable”.

  • *

    Ou “que lles digan o que queren oír”.

2 Timoteo 4:5

Notas

  • *

    Ou “sigue predicando as boas noticias”.

2 Timoteo 4:6

Notas

  • *

    Ou “unha libación”. Ver glosario ofrenda líquida.

2 Timoteo 4:8

Notas

  • *

    Ver glosario día de xuízo.

2 Timoteo 4:10

Notas

  • *

    Ou “esta era”. Ver glosario sistema.

Índices

  • Guía de estudo

    “Testemuño completo,” páx. 12

2 Timoteo 4:11

Notas

  • *

    Ou “porque é útil para min”.

2 Timoteo 4:13

Notas

  • *

    É dicir, os rolos de coiro.

2 Timoteo 4:14

Notas

  • *

    Ver apén. A5.

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
2 Timoteo 4:1-22

Segunda Carta a Timoteo

4 Diante de Deus e diante de Cristo Xesús, que vai xulgar os vivos e os mortos cando apareza e goberne como Rei do Reino, mándoche isto: 2 predica a palabra de Deus e faino con sentido de urxencia tanto en tempos bos como en tempos difíciles, censura, reprende e aconsella seriamente*, con moita paciencia e habilidade* para ensinar. 3 Porque chegará un tempo no que as persoas non soportarán a ensinanza beneficiosa*, senón que se deixarán levar polos seus propios desexos, e por iso se rodearán de mestres que lles regalen os oídos*. 4 Deixarán de escoitar a verdade e faranlles caso a contos falsos. 5 Pero ti mantén o teu bo xuízo en tódalas cousas, aguanta as dificultades, fai o teu traballo de evanxelizador* e cumpre por completo o teu ministerio.

6 Eu xa estou sendo derramado coma unha ofrenda líquida*, e o momento da miña liberación está moi cerca. 7 Loitei a batalla excelente, acabei a carreira, mantívenme na fe. 8 A partir de agora, está reservada para min a coroa da xustiza que me vai dar o Señor, o xuíz xusto, como recompensa no día de xuízo*. Pero non só ma vai dar a min, senón tamén a tódolos que esperaron con moitas ganas que el aparecese.

9 Fai todo o posible por vir a verme pronto. 10 Porque Demas, que me abandonou polo amor que sentía por este sistema*, marchou para Tesalónica. Crescente marchou para Galacia e Tito para Dalmacia. 11 Só Lucas está comigo. Trae a Marcos contigo, porque me vai axudar moito* no ministerio. 12 A Tíquico mandeino a Éfeso. 13 Cando veñas, tráeme a capa que deixei en Troas na casa de Carpo, e tamén os rolos, sobre todo os pergamiños*.

14 Alexandre, o artesán do cobre, fíxome moito dano. Xehová* daralle o seu merecido polo que fixo. 15 Ten coidado con el ti tamén, porque se opuxo á nosa mensaxe con tódalas súas forzas.

16 Cando presentei a miña primeira defensa diante das autoridades, ninguén estivo ó meu lado, senón que todos me abandonaron. Que Deus os perdoe por iso. 17 Pero o Señor si que estivo ó meu lado e deume as forzas necesarias para predicar por completo o que di a palabra de Deus, e para que o escoitasen persoas de tódalas nacións. Ademais, fun rescatado da boca do león. 18 O Señor vaime rescatar de tódalas cousas malas e vaime salvar para formar parte do seu Reino celestial. Que el reciba a gloria para sempre. Amén.

19 Saúda da miña parte a Prisca e a Áquila, e ós da casa de Onesíforo.

20 Erasto quedou en Corinto e a Trófimo deixeino enfermo en Mileto. 21 Fai todo o posible por chegar antes do inverno.

Éubulo mándache saúdos, e tamén Pudente, Lino, Claudia e tódolos irmáns.

22 Que o Señor estea co bo espírito que demostras. Que a súa bondade inmerecida estea con vós.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir