BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Hebreos 11
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de Hebreos

      • A definición da fe (1, 2)

      • Exemplos de fe (3-40)

        • Sen fe é imposible agradarlle a Deus (6)

Hebreos 11:1

Notas

  • *

    Ou “a demostración evidente”.

Hebreos 11:2

Notas

  • *

    Ou “os homes da antigüidade”.

  • *

    Lit. “recibiron testemuño”.

Hebreos 11:3

Notas

  • *

    Ou “as eras foron postas”. Ver glosario sistema.

  • *

    Ou “pola palabra”.

Hebreos 11:4

Notas

  • *

    Lit. “recibiu o testemuño de”.

  • *

    Ou “ensina”.

Índices

  • Guía de estudo

    Adoración pura, páxs. 15, 16-19

Hebreos 11:5

Notas

  • *

    Ou “para que non vise a morte”.

  • *

    Lit. “recibiu o testemuño de”.

Hebreos 11:6

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 12

Hebreos 11:7

Notas

  • *

    Ver glosario temor de Deus.

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    10/2016,

Hebreos 11:10

Notas

  • *

    Ou “da que foi arquitecto”.

Hebreos 11:11

Notas

  • *

    Ou “recibiu poder para quedar”.

  • *

    É dicir, xa non podía ter fillos.

  • *

    Ou “confiable”.

Hebreos 11:12

Notas

  • *

    Lit. “estaba morto”. É dicir, xa non podía ter descendencia.

Hebreos 11:17

Notas

  • *

    Ou “fillo unixénito”.

Hebreos 11:19

Notas

  • *

    Lit. “levantalo”.

Hebreos 11:21

Notas

  • *

    Ou “adorou a Deus”.

Hebreos 11:22

Notas

  • *

    Ou “un mandato”.

  • *

    Ou “sobre o seu enterro”.

Hebreos 11:26

Notas

  • *

    Lit. “o Cristo”.

  • *

    Ou “miraba fixamente a recompensa”.

Hebreos 11:28

Notas

  • *

    Ou “para que o destrutor”.

  • *

    Lit. “non tocase”.

Hebreos 11:33

Índices

  • Guía de estudo

    Fontes de información,

    9/2019, páxs. 7-8

Hebreos 11:34

Índices

  • Guía de estudo

    Fontes de información,

    9/2019, páxs. 7-8

Hebreos 11:35

Notas

  • *

    Ou “a ser liberados por medio dalgún rescate”.

Hebreos 11:36

Notas

  • *

    Ver glosario.

Índices

  • Guía de estudo

    Fontes de información,

    9/2019, páx. 8

Hebreos 11:37

Notas

  • *

    Ou “en cachos”.

Hebreos 11:38

Índices

  • Guía de estudo

    Fontes de información,

    9/2019, páx. 8

Hebreos 11:39

Notas

  • *

    Ou “todos recibiron testemuño de”.

Hebreos 11:40

Notas

  • *

    Lit. “sen nós”.

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
  • 26
  • 27
  • 28
  • 29
  • 30
  • 31
  • 32
  • 33
  • 34
  • 35
  • 36
  • 37
  • 38
  • 39
  • 40
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
Hebreos 11:1-40

Carta ós Hebreos

11 A fe é a seguridade de que vai pasar o que se espera, a proba convincente* de que existen realidades que non se ven. 2 Por medio da fe, os nosos antepasados* recibiron probas* de que tiñan a aprobación de Deus.

3 Pola fe, notamos que os sistemas foron postos* en orde polo mandato* de Deus. Así que as cousas que se ven chegaron a existir a partir das cousas invisibles.

4 Pola fe, Abel ofreceulle a Deus un sacrificio de máis valor que o de Caín. Por medio desa fe, mostróuselle* que era xusto porque Deus aprobou as súas ofrendas. E a pesar de que morreu, aínda nos fala* por medio da súa fe.

5 Pola fe, Enoc foi transferido para que non sufrise cando morreu*, e ninguén puido encontralo porque Deus o transferira. Pero antes diso, mostróuselle* que Deus estaba moi contento con el. 6 Ademais, sen fe é imposible agradarlle a Deus, porque o que se acerca a Deus ten que crer que el existe e que recompensa os que se esforzan moito por buscalo.

7 Pola fe, Noé, despois de que Deus lle advertise sobre as cousas que ían pasar antes de que se puidesen ver, demostrou temor de Deus* e construíu unha arca para salvar a súa familia. Por medio desa fe, condenou o mundo e converteuse en herdeiro da xustiza que se consegue grazas á fe.

8 Pola fe, Abrahán obedeceu cando Deus o chamou e foi para un lugar que ía recibir como herdanza. Marchou aínda que non sabía a onde ía. 9 Pola fe, viviu como estranxeiro na terra que Deus prometera, coma se estivese nunha terra estranxeira. Viviu en tendas de campaña con Isaac e Xacob, que eran herdeiros da mesma promesa ca el. 10 Porque el esperaba a cidade que ten fundamentos verdadeiros, a que deseñou* e construíu Deus.

11 Pola fe, tamén Sara quedou* embarazada, aínda que xa era moi maior*, porque cría que quen lle fixera a promesa era fiel*. 12 Por iso, dun só home que xa era moi maior* naceron moitos fillos, tantos coma as estrelas do ceo e tan imposibles de contar coma os grans de area que hai na beira do mar.

13 Todos mantiveron a súa fe firme ata a morte, aínda que non recibiron as cousas que se lles prometeran. Pero víronas de lonxe e aceptáronas con alegría, e anunciaron publicamente que eran estranxeiros e residentes temporais na terra. 14 Os que anuncian estas cousas deixan claro que están facendo todo o posible por buscar un lugar para eles. 15 Aínda así, se seguisen pensando no lugar do que saíran, terían encontrado a oportunidade de volver. 16 Pero agora esfórzanse por conseguir un lugar mellor, é dicir, un lugar que está relacionado co ceo. Por iso Deus non se avergonza deles nin de que se dirixan a el como o seu Deus, porque preparou unha cidade para eles.

17 Pola fe, cando Abrahán foi posto a proba, foi coma se ofrecese a Isaac. Así que o home que recibiu as promesas con alegría estivo disposto a ofrecer o seu único fillo*, 18 aínda que xa se lle dixera: “Por medio de Isaac virá o que será chamado a túa descendencia”. 19 Pero chegou á conclusión de que Deus incluso podía resucitalo* de entre os mortos, e de feito recibiuno de entre os mortos de maneira simbólica.

20 Pola fe, tamén Isaac bendiciu a Xacob e a Esaú, e faloulles de cousas que ían suceder.

21 Pola fe, Xacob, cando estaba a punto de morrer, bendiciu a cada un dos fillos de Xosé e inclinouse diante de Deus* apoiándose na parte superior do seu bastón.

22 Pola fe, Xosé, cando se acercaba o fin da súa vida, falou do éxodo dos fillos de Israel e deu instrucións* sobre o que había que facer cos seus ósos*.

23 Pola fe, os pais de Moisés escondérono durante tres meses cando naceu, porque viron que era un neno moi bonitiño e non lle tiveron medo á orde do rei. 24 Pola fe, Moisés, cando xa era adulto, negouse a ser chamado fillo da filla do faraón. 25 Escolleu ser maltratado co pobo de Deus en vez de desfrutar dos praceres temporais do pecado, 26 xa que para el a deshonra de ser o Escollido* era algo de moito máis valor que os tesouros de Exipto, porque estaba centrado en recibir a recompensa*. 27 Pola fe, marchou de Exipto sen terlle medo á furia do rei, porque se mantivo firme coma se estivese vendo ó que é invisible. 28 Pola fe, fixo que o pobo de Deus celebrase a Pascua e que salpicase con sangue os marcos das portas, para que o anxo de Deus* non lles fixese dano* ós seus primoxénitos.

29 Pola fe, o pobo cruzou o Mar Vermello coma se camiñase por terra seca. Pero cando os exipcios intentaron facer o mesmo, o mar tragounos.

30 Pola fe, o pobo deu voltas arredor das murallas de Xericó durante sete días, e entón as murallas caeron. 31 Pola fe, Rahab, a prostituta, non morreu cos que desobedeceron porque recibiu os espías de maneira pacífica.

32 E que máis vou dicir? Porque non me chegaría o tempo para falarvos de Xedeón, de Barac, de Sansón, de Xefté e de David, e tamén de Samuel e dos demais profetas. 33 Por medio da fe, derrotaron reinos, fixeron xustiza, recibiron promesas, pecharon a boca de leóns, 34 non lles afectou a forza do lume, escaparon do fío da espada, pasaron de estar débiles a ser fortes, volvéronse poderosos na guerra e fixeron que os exércitos invasores escapasen. 35 Houbo mulleres que recuperaron os seus familiares mortos grazas á resurrección. Pero algúns homes foron torturados porque non estiveron dispostos a facer o que lles pedían a cambio de ser liberados*. Fixeron isto para conseguir unha resurrección mellor. 36 E aínda houbo outros que foron postos a proba con burlas e lategazos*, e incluso máis que iso, con cadeas e prisións. 37 Matáronos a pedradas, foron postos a proba, cortados en dous* coa serra e asasinados coa espada, andaron de aquí para alá vestidos con pel de ovella e de cabra, pasando necesidade e dificultades e sendo maltratados. 38 O mundo non era digno deles. Estiveron vagando por desertos e montañas, e buscaron refuxio nas covas e nas cavernas da terra.

39 E aínda que pola súa fe a todos se lles mostrou* que tiñan a aprobación de Deus, non recibiron o que se lles prometera, 40 porque Deus tiña previsto algo mellor para nós, para que eles non puidesen chegar a ser perfectos antes ca nós*.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir