BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Apocalipse 2
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de Apocalipse

      • As mensaxes a Éfeso (1-7), a Esmirna (8-11), a Pérgamo (12-17) e a Tiatira (18-29)

Apocalipse 2:1

Índices

  • Guía de estudo

    Caderno de estudo vida e actividades,

    11/2019, páx. 5

Apocalipse 2:4

Notas

  • *

    Lit. “deixaches”.

Apocalipse 2:6

Notas

  • *

    Ver glosario.

Apocalipse 2:7

Notas

  • *

    Ver glosario árbore da vida.

Índices

  • Guía de estudo

    Fontes de información,

    11/2019, páx. 7

Apocalipse 2:9

Notas

  • *

    Lit. “a túa tribulación”.

  • *

    Lit. “unha sinagoga de”.

Apocalipse 2:10

Notas

  • *

    A palabra grega orixinal é diábolos (calumniador). Ver glosario Demo.

  • *

    Lit. “teredes tribulación”.

Apocalipse 2:11

Notas

  • *

    É dicir, a morte eterna.

Apocalipse 2:13

Notas

  • *

    Lit. “segues aferrándote ó meu nome”.

Apocalipse 2:14

Notas

  • *

    Ou “poñer un tropezo diante dos”.

  • *

    Ver glosario inmoralidade sexual.

Apocalipse 2:19

Notas

  • *

    Ou “ministerio”.

Apocalipse 2:20

Notas

  • *

    Ver glosario inmoralidade sexual.

Apocalipse 2:21

Notas

  • *

    En grego, porneia. Ver glosario inmoralidade sexual.

Apocalipse 2:22

Notas

  • *

    Ou “teñan gran tribulación”.

Apocalipse 2:23

Notas

  • *

    Ou “as emocións máis profundas”. Lit. “os riles”.

Apocalipse 2:26

Notas

  • *

    Lit. “feitos”.

Apocalipse 2:27

Notas

  • *

    Lit. “pastoreará”.

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
  • 26
  • 27
  • 28
  • 29
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
Apocalipse 2:1-29

Apocalipse

2 ”Escríbelle ó anxo da congregación de Éfeso: ‘Isto é o que di o que ten as sete estrelas na súa man dereita e camiña entre os sete candelabros de ouro: 2 “Coñezo os teus feitos, o teu duro traballo e o teu aguante. Tamén sei que non podes tolerar os homes malos e que puxeches a proba os que din ser apóstolos pero non o son, e que descubriches que son uns mentireiros. 3 Ademais, estás demostrando aguante. Seguiches servíndome fielmente por causa do meu nome e non te cansaches. 4 Pero teño algo na túa contra: que perdiches* o amor que tiñas ó principio.

5 ”’”Así que recorda desde onde caíches, arrepíntete e fai as cousas que facías ó principio. Se non o fas, virei e quitarei o teu candelabro do seu sitio, a non ser que te arrepintas. 6 Pero tes isto ó teu favor: que odias as cousas que fai a seita* de Nicolás, cousas que eu tamén odio. 7 Quen teña oídos, que escoite o que o espírito santo lles di ás congregacións: a quen venza permitireille comer da árbore da vida*, que está no paraíso de Deus”’.

8 ”Escríbelle ó anxo da congregación de Esmirna: ‘Isto é o que di el, o Primeiro e o Último, o que estivo morto e volveu a vivir: 9 “Coñezo o teu sufrimento* e a túa pobreza, aínda que es rico. Tamén coñezo a blasfemia dos que din ser xudeus pero en realidade non o son. Eles son un grupo que pertence a* Satanás. 10 Non teñas medo dos sufrimentos que che esperan. Mira! O Demo* seguirá meténdovos no cárcere a algúns de vós para que sexades probados por completo, e seredes perseguidos* durante 10 días. Mantente fiel ata a morte e eu dareiche a coroa da vida. 11 Quen teña oídos, que escoite o que o espírito santo lles di ás congregacións: ó que venza, a morte segunda* nunca lle fará ningún dano”’.

12 ”Escríbelle ó anxo da congregación de Pérgamo: ‘Isto é o que di o que ten a espada de dous fíos, longa e afiada: 13 “Sei onde vives: onde está o trono de Satanás. Aínda así, séguesme sendo leal*. Ademais, non renegaches da túa fe en min nin sequera nos días de Antipas, a miña testemuña fiel, a quen mataron na vosa cidade, onde vive Satanás.

14 ”’”Pero teño algunhas cousas na túa contra: que tes aí ós que se aferran ás ensinanzas de Balaam, quen lle ensinou a Balac a tentar os* fillos de Israel para que comesen carne sacrificada a ídolos e para que cometesen actos de inmoralidade sexual*. 15 Ademais, tamén tes ós que se aferran ás ensinanzas da seita de Nicolás. 16 Así que arrepíntete. Se non o fas, virei pronto e loitarei contra eles coa espada longa que sae da miña boca.

17 ”’”Quen teña oídos, que escoite o que o espírito santo lles di ás congregacións: ó que venza dareille do maná escondido e tamén unha pedriña branca. Na pedriña hai escrito un nome novo que ninguén coñece, só quen a recibe”’.

18 ”Escríbelle ó anxo da congregación de Tiatira: ‘Isto é o que di o Fillo de Deus, o que ten os ollos coma unha chama de lume e os pés coma o cobre refinado: 19 “Coñezo os teus feitos, o teu amor, a túa fe, o teu servizo a Deus* e o teu aguante. E sei que agora os teus feitos son máis que os do principio.

20 ”’”Pero teño algo na túa contra: que toleras a esa muller, Xezabel, que afirma ser profetisa e engana coas súas ensinanzas os meus escravos para que cometan actos de inmoralidade sexual* e para que coman carne sacrificada ós ídolos. 21 Deille tempo para que se arrepentise, pero ela non quere arrepentirse da súa inmoralidade sexual*. 22 Mira! Vou facer que enferme ata que non se poida levantar da cama. E farei que os que cometen adulterio con ela sufran moito*, a non ser que se arrepintan de actuar coma ela. 23 E ós fillos dela vounos matar cunha enfermidade mortal. Así tódalas congregacións saberán que eu son o que analiza os pensamentos máis íntimos* e os corazóns. E a cada un de vós pagareivos conforme ós vosos feitos.

24 ”’”Pero ó resto dos que estades en Tiatira, tódolos que non seguides as ensinanzas de Xezabel e non coñecedes as chamadas ‘cousas profundas de Satanás’, dígovos: ‘Non vos impoño ningunha outra carga. 25 Iso si, aferrádevos ó que tedes ata que eu veña. 26 Ó que venza e se manteña nos meus camiños* ata o fin dareille autoridade sobre as nacións, 27 tal como meu Pai me deu autoridade a min. E gobernará* á xente con vara de ferro, de maneira que quedarán feitos pedazos coma recipientes de barro. 28 Tamén lle darei a estrela da mañá. 29 Quen teña oídos, que escoite o que o espírito santo lles di ás congregacións’”’.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir