BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • 1 Corintios 4
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de 1 Corintios

      • Os administradores deben ser fieis (1-5)

      • Os servos de Cristo son humildes (6-13)

        • Non ir máis alá das cousas que están escritas (6)

        • Os cristiáns son un espectáculo para o mundo (9)

      • Paulo preocúpase polos seus fillos espirituais (14-21)

1 Corintios 4:1

Notas

  • *

    Ou “servos”.

  • *

    Ou “mordomos”. Ver glosario mordomo.

1 Corintios 4:2

Notas

  • *

    Ou “mordomos”.

1 Corintios 4:4

Notas

  • *

    Ver apén. A5.

1 Corintios 4:9

Notas

  • *

    Lit. “teatro”.

1 Corintios 4:11

Notas

  • *

    Lit. “estamos espidos”.

  • *

    Ou “maltrátannos”.

1 Corintios 4:13

Notas

  • *

    Ou “de maneira apracible”.

1 Corintios 4:15

Notas

  • *

    Ou “titores”.

1 Corintios 4:17

Notas

  • *

    Lit. “camiños”.

1 Corintios 4:19

Notas

  • *

    Ver apén. A5.

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
1 Corintios 4:1-21

Primeira Carta ós Corintios

4 Todos deberían vernos como axudantes* de Cristo e administradores* dos segredos sagrados de Deus. 2 E o que se espera dos administradores* é que sexan fieis. 3 A min impórtame ben pouco que me xulguedes vós ou un tribunal humano. De feito, nin sequera eu me xulgo a min mesmo. 4 Porque teño a conciencia limpa, pero iso non demostra que eu sexa xusto. Quen me xulga é Xehová*. 5 Así que non xulguedes nada antes do tempo debido, ata que veña o Señor. El encargarase de sacar á luz as cousas secretas da escuridade e revelará as intencións dos corazóns. Entón cada un recibirá de Deus a honra que merece.

6 Irmáns, díxenvos estas cousas sobre min e sobre Apolos para axudarvos a entender este asunto. Mediante o noso exemplo, aprendede esta regra: “Non vaiades máis alá das cousas que están escritas”. Así, non vos encheredes de orgullo, e evitaredes poñervos a favor de un e en contra doutro. 7 Porque, quen fai que ti sexas diferente dos demais? De feito, que tes ti que non recibises? E se o recibiches, por que vas presumindo coma se non o recibises?

8 Xa estades satisfeitos? Xa sodes ricos? Xa empezastes a reinar sen nós? Quen me dera que xa estivésedes reinando, para que nós tamén reinásemos con vós! 9 Porque me parece que Deus permitiu que ós apóstolos nos exhibisen en último lugar, como a homes condenados á morte, pois chegamos a ser un espectáculo* para o mundo, para os anxos e para os homes. 10 A nós vennos como a parvos por seguir a Cristo, pero vós pensades que sodes sabios por seguir a Cristo. Nós parecemos débiles, pero vós parecedes fortes. A vós danvos honra, pero a nós desprézannos. 11 Ata agora seguimos pasando fame e sede, non temos suficiente roupa*, pégannos*, non temos casa 12 e traballamos duro coas nosas propias mans. Cando a xente nos insulta, bendicímolos. Cando nos perseguen, aguantamos con paciencia. 13 Cando nos calumnian, respondemos con amabilidade*. Ata agora, para a xente somos o lixo do mundo, os desperdicios de tódalas cousas.

14 Non vos estou escribindo estas cousas para avergonzarvos, senón para aconsellarvos como a fillos queridos. 15 De feito, aínda que teñades 10.000 mestres* que vos ensinen como seguir a Cristo, en realidade non tedes moitos pais, porque eu cheguei a ser o voso pai mediante Cristo Xesús ó ensinarvos as boas noticias. 16 Polo tanto, suplícovos que sigades o meu exemplo. 17 Por iso vos mando a Timoteo, porque el é o meu fillo querido e é fiel no servizo ó Señor. El vaivos recordar os métodos* que eu uso ó facer o que Cristo Xesús quere, os mesmos métodos que estou ensinando por todas partes en cada congregación.

18 Algúns están cheos de orgullo porque pensan que non irei a visitarvos. 19 Pero se Xehová* quere, irei a visitarvos dentro de pouco. Pero non para saber o que din os que están cheos de orgullo, senón para saber se teñen o poder de Deus ou non. 20 Porque o Reino de Deus non se fai evidente na vida dunha persoa polas súas palabras, senón por ter o poder de Deus. 21 Que preferides? Que vaia onda vós cun pau, ou con amor e cun espírito apracible?

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir