BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • 1 Corintios 12
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de 1 Corintios

      • Os dons do espírito (1-11)

      • Un só corpo con moitas partes (12-31)

1 Corintios 12:2

Notas

  • *

    Ou “cando erades xente das nacións”.

1 Corintios 12:10

Notas

  • *

    Ou “traducir”.

1 Corintios 12:13

Notas

  • *

    Ou “se nos deu de beber”.

Índices

  • Guía de estudo

    Preguntas sobre a Biblia, artigo 110

1 Corintios 12:25

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 19

1 Corintios 12:26

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 19

1 Corintios 12:30

Notas

  • *

    Ou “tradutores”.

1 Corintios 12:31

Notas

  • *

    Ou “un camiño superior”.

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
  • 26
  • 27
  • 28
  • 29
  • 30
  • 31
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
1 Corintios 12:1-31

Primeira Carta ós Corintios

12 Irmáns, quero que esteades ben informados sobre os dons que se reciben mediante o espírito santo. 2 Sabedes que antes de ser crentes* estabades influenciados e enganados por ídolos que nin sequera podían falar, e iades detrás deles a onde eles querían. 3 Pero quero que saibades que ninguén que está guiado polo espírito de Deus di “Xesús é maldito!”, e que ninguén pode dicir “Xesús é Señor!” a non ser que estea guiado polo espírito santo.

4 Hai diferentes dons, pero veñen do mesmo espírito. 5 Hai diferentes maneiras de servir, pero servimos o mesmo Señor. 6 Hai diferentes maneiras nas que actúa o espírito, pero é o mesmo Deus o que nos dá a todos o poder para facer esas cousas. 7 Agora ben, a axuda do espírito santo dáselle a cada persoa para o beneficio de todos. 8 Porque a un dáselle o don de falar con sabedoría por medio do espírito; a outro, o de falar con coñecemento grazas a ese mesmo espírito; 9 a outro, o da fe por medio do mesmo espírito; a outro, o de curar por medio dese único espírito; 10 a outro, o de facer milagres; a outro, o de profetizar; a outro, o de recoñecer as mensaxes inspiradas; a outro, o de falar en diferentes idiomas; e a outro, o de interpretar* o que se di noutros idiomas. 11 Pero todas estas cousas fainas o mesmo espírito, que lle dá a cada persoa o don que el quere.

12 Porque o corpo, aínda que é un só, ten moitas partes, e aínda que son moitas, todas forman un só corpo. Pasa o mesmo co corpo de Cristo. 13 Porque a todos nós (xudeus ou gregos, escravos ou libres) bautizóusenos por medio dun só espírito para formar un só corpo, e a todos se nos deu* un só espírito.

14 De feito, o corpo non está formado por unha soa parte, senón por moitas. 15 Se o pé dixese “Como non son unha man, non son parte do corpo”, iso non faría que deixase de ser parte do corpo. 16 E se a orella dixese “Como non son un ollo, non son parte do corpo”, iso non faría que deixase de ser parte do corpo. 17 Se todo o corpo fose un ollo, onde estaría o sentido do oído? Se todo o corpo fose unha orella, onde estaría o sentido do olfacto? 18 Pero Deus puxo cada parte do corpo como el quixo.

19 Se tódalas partes fosen a mesma, onde estaría o corpo? 20 En realidade, hai moitas partes pero un só corpo. 21 O ollo non lle pode dicir á man “Non me fas falta”, e a cabeza tampouco lles pode dicir ós pés “Non me facedes falta”. 22 Todo o contrario, as partes do corpo que parecen máis débiles son necesarias, 23 e tratamos con máis honra as partes do corpo que pensamos que son menos honorables. Desta maneira, as partes do noso corpo menos dignas reciben máis dignidade, 24 mentres que as partes do noso corpo máis atraentes non necesitan nada. Pero Deus fixo o corpo dándolle máis honra á parte que máis a necesitaba, 25 para que non houbese divisións no corpo e que tódalas partes se preocupasen unhas polas outras. 26 Se unha parte do corpo sofre, tódalas demais sofren con ela. Se unha parte recibe honra, tódalas demais alégranse con ela.

27 Pois vós sodes o corpo de Cristo, e cada un de vós é unha parte dese corpo. 28 E Deus deulle un sitio a cada un na congregación: primeiro, puxo os apóstolos; segundo, os profetas; terceiro, os mestres; despois, os que fan milagres; despois, os que teñen o don de curar a outros; os que axudan a outros; os que teñen a capacidade para dirixir e os que falan diferentes idiomas. 29 Non todos son apóstolos nin todos son profetas nin todos son mestres, verdade? Nin todos fan milagres, a que non? 30 Non todos teñen o don de curar a outros, verdade? Nin todos falan outros idiomas nin todos son intérpretes*, a que non? 31 Seguídevos esforzando por recibir os dons máis importantes. Pero agora vouvos ensinar o mellor camiño de todos*.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir