BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Apocalipse 4
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de Apocalipse

      • A visión da presenza celestial de Xehová (1-11)

        • Xehová sentado no seu trono (2)

        • Os 24 anciáns en tronos (4)

        • Os catro seres viventes (6)

Apocalipse 4:3

Notas

  • *

    Pedra preciosa de cor vermella.

Apocalipse 4:4

Notas

  • *

    Ver glosario.

Apocalipse 4:6

Notas

  • *

    Lit. “No medio do trono”.

Apocalipse 4:8

Notas

  • *

    Ver apén. A5.

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 4

Apocalipse 4:11

Notas

  • *

    Ver apén. A5.

  • *

    Ou “porque ti o quixeches así”.

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 4

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
Apocalipse 4:1-11

Apocalipse

4 Despois disto vin unha porta aberta no ceo, e a primeira voz que escoitei falando comigo era coma o son dunha trompeta. Díxome: “Sube aquí, que che vou ensinar as cousas que teñen que suceder”. 2 Despois disto, enseguida cheguei a estar baixo a influencia do espírito santo. Entón, vin un trono no ceo e a alguén sentado nel. 3 O que estaba sentado tiña a aparencia do xaspe e da cornalina*, e rodeando o trono había un arco iris que parecía unha esmeralda.

4 Arredor do trono había 24 tronos, e neses tronos vin sentados a 24 anciáns*. Estaban vestidos con roupa branca e levaban unha coroa de ouro na cabeza. 5 Do trono saían lóstregos, voces e ruídos fortes de tronos. Diante del había sete lámpadas de lume ardendo, que representan os sete espíritos de Deus. 6 Diante do trono tamén había unha especie de mar de vidro, parecido ó cristal.

No centro, xunto ó trono* e arredor del, había catro seres viventes cheos de ollos por diante e por detrás. 7 O primeiro ser vivente parecía un león, o segundo parecía un touro novo, o terceiro tiña a cara parecida á dun home e o cuarto parecía unha aguia voando. 8 Cada un dos catro seres viventes tiña seis alas, que estaban cheas de ollos por fóra e por dentro. E día e noite din sen parar: “Santo, santo, santo é Xehová* Deus, o Todopoderoso, que era, que é e que vén”.

9 Cada vez que os seres viventes lle dan gloria, honra e grazas ó que está sentado no trono e que vive para sempre, 10 os 24 anciáns bótanse ó chan diante do que está sentado no trono e adoran ó que vive para sempre. Tamén botan as súas coroas diante do trono e din: 11 “Xehová*, noso Deus, ti mereces recibir a gloria, a honra e o poder, porque ti creaches tódalas cousas e pola túa vontade* chegaron a existir e foron creadas”.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir