BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Hebreos 12
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de Hebreos

      • Xesús é o Perfeccionador da nosa fe (1-3)

        • Unha nube grande de testemuñas (1)

      • Non menosprecemos a disciplina de Xehová (4-11)

      • “Seguide endereitando os camiños para os vosos pés” (12-17)

      • Acercarse á Xerusalén celestial (18-29)

Hebreos 12:1

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    8/2023, páxs. 26, 29-31

    A Atalaia (estudo),

    6/2022, páx. 25

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 19

Hebreos 12:2

Notas

  • *

    Ver glosario madeiro de tortura.

Índices

  • Guía de estudo

    Continúa no amor de Deus, páxs. 232-233

    Tradución do Novo Mundo

Hebreos 12:3

Notas

  • *

    Ou “que ían en contra dos seus propios intereses”.

Hebreos 12:5

Notas

  • *

    Ou “da exhortación”.

  • *

    Ver apén. A5.

Índices

  • Guía de estudo

    Fontes de información,

    9/2019, páx. 10

Hebreos 12:6

Notas

  • *

    Ver apén. A5.

  • *

    Ou “azouta”.

Hebreos 12:7

Notas

  • *

    Ou “educación”.

Hebreos 12:9

Notas

  • *

    Lit. “os pais da nosa carne”.

Hebreos 12:11

Notas

  • *

    Ou “causa alegría, senón tristeza”.

Hebreos 12:13

Notas

  • *

    Ou “non se disloque”.

Hebreos 12:14

Notas

  • *

    Ou “e a santificación”.

Hebreos 12:16

Notas

  • *

    Ver glosario inmoralidade sexual.

Hebreos 12:17

Notas

  • *

    É dicir, a decisión do seu pai.

Hebreos 12:18

Notas

  • *

    Refírese ó momento no que a nación de Israel se acercou ó monte Sinaí.

Hebreos 12:22

Notas

  • *

    Ou “miríades”.

Hebreos 12:23

Notas

  • *

    Ou “perfeccionados”.

Hebreos 12:25

Notas

  • *

    Ou “non poñerlle escusas”, “non ignorar”.

Hebreos 12:28

Notas

  • *

    Ver glosario temor de Deus.

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
  • 26
  • 27
  • 28
  • 29
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
Hebreos 12:1-29

Carta ós Hebreos

12 Así que, como temos unha nube de testemuñas tan grande arredor de nós, liberémonos nós tamén de tódalas cargas e do pecado que nos enreda facilmente, e corramos con aguante a carreira que temos diante de nós, 2 mentres nos fixamos con atención no Axente Principal e Perfeccionador da nosa fe, Xesús. Pola felicidade que tiña diante del, aguantou un madeiro de tortura* sen importarlle a humillación, e sentouse á dereita do trono de Deus. 3 Parádevos a reflexionar naquel que aguantou todas esas palabras que dixeron con desprezo os pecadores, que se facían dano a si mesmos* ó actuar desta maneira. Así, non vos cansaredes nin vos renderedes.

4 Na vosa loita contra o pecado, aínda non aguantastes ata o punto de ter que derramar o voso propio sangue, 5 e xa non vos acordades para nada do consello* que se vos dá coma se fósedes fillos: “Meu fillo, non menospreces a disciplina de Xehová* nin te rendas cando el te corrixa, 6 porque Xehová* disciplina ós que ama. De feito, castiga* a tódolos que acepta como fillos”.

7 Como parte da vosa disciplina*, é necesario que aguantedes. Deus trátavos coma fillos. E que fillo non recibe disciplina do seu pai? 8 Pero se non recibistes esta disciplina que todos temos que recibir, en realidade non sodes fillos verdadeiros, sodes fillos ilexítimos. 9 Ademais, os nosos pais humanos* disciplinábannos e nós respectabámolos. Non deberiamos entón nós estar máis dispostos a obedecer ó noso Pai celestial, que guía a nosa vida co espírito santo, e así poder vivir? 10 Porque eles disciplináronnos por pouco tempo como lles parecía ben, pero el faino polo noso propio ben para que sexamos santos coma el. 11 É certo que ningunha disciplina gusta no momento de recibila, senón que doe*, pero despois produce o froito pacífico da xustiza nos que están dispostos a aprender dela.

12 Así que fortalecede as mans caídas e os xeonllos débiles, 13 e seguide endereitando os camiños para os vosos pés, para que o que está coxo non empeore*, senón que cure. 14 Buscade a paz con todos e esforzádevos por ser santos*, porque ninguén verá o Señor se non é santo. 15 Estade moi atentos para que ninguén quede sen recibir a bondade inmerecida de Deus, e para que ninguén chegue a ser coma unha raíz velenosa que cause problemas e que contamine a moitos. 16 Estade pendentes de que non haxa ninguén entre vós que sexa sexualmente inmoral* nin ninguén que menosprece as cousas sagradas, igual que fixo Esaú, que renunciou ós seus dereitos de primoxénito a cambio dunha soa comida. 17 Porque xa sabedes que despois, cando quixo herdar a bendición, foi rechazado. E aínda que se esforzou con lágrimas por cambiar a decisión*, non lle valeu de nada.

18 Vós non vos acercastes* a unha montaña que se pode tocar e que está ardendo, nin a unha nube escura, nin a unha escuridade densa, nin a unha tormenta, 19 nin ó son dunha trompeta, nin á voz que fala. Cando o pobo escoitou esa voz, suplicou que non se lle dixese nada máis, 20 porque non podían soportar este mandato: “Incluso se un animal toca a montaña, debedes matalo a pedradas”. 21 Ademais, a escena asustaba tanto que Moisés dixo: “Estou tremendo co medo”. 22 Pero vós acercástesvos a un monte Sión celestial e a unha cidade do Deus vivo, a Xerusalén celestial. Acercástesvos a decenas de miles* de anxos 23 reunidos nunha asemblea xeral, á congregación dos primoxénitos que foron inscritos nos ceos, e a Deus, que é o Xuíz de todos. Acercástesvos ós xustos que viven de acordo co espírito santo e que foron feitos perfectos*, 24 a Xesús, que é o mediador dun novo pacto, e ó sangue que se salpicou, que fala mellor que o sangue de Abel.

25 Tede coidado de non negarvos a escoitar* ó que está falando. Porque, se os que se negaron a escoitar ó que daba advertencias de Deus na terra non escaparon, moito menos imos escapar nós se nos apartamos do que fala desde os ceos! 26 Naquel momento, a voz de Deus sacudiu a terra, pero agora el prometeu: “Unha vez máis vou sacudir non só a terra, senón tamén o ceo”. 27 A expresión “unha vez máis” indica que se van eliminar as cousas que se poden sacudir, as cousas que non foron feitas por Deus, para que queden as cousas que non se poden sacudir. 28 Por iso, tendo en conta que imos recibir un Reino que non se pode sacudir, sigámonos beneficiando da bondade inmerecida de Deus para que grazas a ela poidamos darlle servizo sagrado como a el lle agrada, con temor de Deus* e profundo respecto. 29 Porque o noso Deus é un lume destrutor.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir