BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Gálatas 5
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de Gálatas

      • A liberdade cristiá (1-15)

      • Andar de acordo co espírito santo (16-26)

        • As obras propias da carne (19-21)

        • O froito do espírito santo (22, 23)

Gálatas 5:7

Notas

  • *

    Ou “andando ben polo camiño da verdade”.

Gálatas 5:11

Notas

  • *

    Ver glosario madeiro de tortura.

  • *

    Ou “tropezo”.

Gálatas 5:12

Notas

  • *

    Ou “se fixesen eunucos”. Desta forma, serían incapaces de cumprir a mesma lei que defendían.

Gálatas 5:14

Notas

  • *

    Ou quizais “resúmese nun”.

  • *

    Ou “o teu próximo”. Ver glosario próximo.

Gálatas 5:16

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    1/2023, páx. 11

Gálatas 5:19

Notas

  • *

    En grego, porneia. Ver glosario inmoralidade sexual.

  • *

    Ou “inmundicia”. Ver glosario impureza.

  • *

    Ou “conduta desvergonzada”. En grego, asélgueia. Ver glosario conduta descarada.

Índices

  • Guía de estudo

    Tradución do Novo Mundo

Gálatas 5:20

Notas

  • *

    Ou “o ocultismo”, “a bruxería”, “o uso de drogas”. Ver glosario espiritismo.

  • *

    Sentimento ou relación de odio entre persoas.

  • *

    Ver glosario.

Gálatas 5:21

Notas

  • *

    Ou “diversións estrepitosas”.

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 43

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
  • 26
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
Gálatas 5:1-26

Carta ós Gálatas

5 Cristo liberounos para que tivésemos esa liberdade. Así que, mantédevos firmes e non deixedes que se vos volva a someter a un xugo de escravitude.

2 Escoitade isto! Eu, Paulo, dígovos que se vos circuncidades, o que fixo Cristo non vos valerá de nada. 3 Vólvolles a dicir a tódolos que se circunciden que están obrigados a obedecer toda a Lei. 4 Vós, os que intentades ser declarados xustos por medio da lei, estades separados de Cristo. Apartástesvos da súa bondade inmerecida. 5 Pero nós, por medio do espírito santo, esperamos con moitas ganas a desexada xustiza que se consegue tendo fe. 6 Porque para un discípulo de Cristo Xesús nin a circuncisión nin a incircuncisión valen de nada. O que si que vale é a fe que actúa por medio do amor.

7 Vós estabades correndo ben*. Quen vos puxo obstáculos para que non seguísedes obedecendo a verdade? 8 Este tipo de razoamentos non veñen daquel que vos está chamando. 9 Un pouco de fermento fai que fermente toda a masa. 10 Confío en que vós, que sodes discípulos do Señor, non pensaredes doutra maneira. Pero o que vos está causando problemas, sexa quen sexa, recibirá a sentenza que merece. 11 Irmáns, no que ten que ver comigo, se aínda estou predicando a circuncisión, por que se me segue perseguindo? Se estivese facendo iso, o madeiro de tortura* deixaría de ser un obstáculo*. 12 Oxalá os homes que intentan confundirvos se castrasen* a si mesmos.

13 Irmáns, vós fostes chamados para ser libres. Pero non vexades esa liberdade como unha oportunidade para satisfacer os desexos da carne. En vez diso, sede escravos uns dos outros por amor. 14 Porque toda a Lei cúmprese cun* só mandamento: “Ama os demais* como te amas a ti mesmo”. 15 Pero tede coidado porque, se vos seguides mordendo e devorando uns ós outros, corredes o perigo de destruírvos uns ós outros.

16 Así que, dígovos isto: seguide andando de acordo co espírito santo e non levaredes a cabo ningún desexo da carne. 17 Porque a carne, polos seus desexos, está en contra do espírito e o espírito está en contra da carne. Como un está en contra do outro, vós non facedes as cousas que queredes facer. 18 Ademais, se vos guía o espírito, non estades baixo a lei.

19 Agora ben, as obras propias da carne vense claramente e son: a inmoralidade sexual*, a impureza*, a conduta descarada*, 20 a idolatría, o espiritismo*, as inimizades*, as pelexas, os celos, os arrebatos de ira, as discusións, as divisións, as seitas*, 21 a envexa, as borracheiras, as festas descontroladas* e outras cousas parecidas. Advírtovos, como xa vos advertín antes, que os que practican estas cousas non herdarán o Reino de Deus.

22 Por outro lado, o froito do espírito santo é: o amor, a felicidade, a paz, a paciencia, a amabilidade, a bondade, a fe, 23 a apracibilidade, o autocontrol. Non hai ningunha lei en contra destas cousas. 24 Ademais, os que son discípulos de Cristo Xesús cravaron ó madeiro a carne coas súas paixóns e desexos.

25 Se vivimos de acordo co espírito, sigamos tamén andando correctamente de acordo co espírito. 26 Non nos volvamos egocéntricos, promovendo que compitamos uns cos outros e téndonos envexa uns ós outros.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir