Primeira Carta a Timoteo
3 Isto que vou dicir é confiable: se un home se está esforzando por ser superintendente, quere algo moi bo*. 2 Por iso, o superintendente debe ser irreprochable*, marido dunha soa muller e moderado nos seus hábitos. Debe ter bo xuízo*, ser ordenado e hospitalario, e estar capacitado para ensinar. 3 Non debe ser borracho nin violento*, senón que debe ser razoable. Non debe ser conflitivo nin terlles amor ós cartos. 4 Debe dirixir* ben a súa familia, e os seus fillos deben respectar a súa autoridade* e portarse ben* 5 (porque se un home non sabe dirixir* a súa propia familia, como vai coidar da congregación de Deus?). 6 Non debe ser un home que se acaba de facer cristián*, para que non se encha de orgullo e reciba a mesma condena que recibiu o Demo*. 7 Ademais, debe ter unha boa reputación entre a* xente de fóra*, para que non se lle poida reprochar nada* e non caia nunha trampa do Demo.
8 Da mesma maneira, os servos ministeriais deben ser confiables*, non deben ter unha lingua dobre*, nin beber moito viño, nin cobizar* ganancias deshonestas, 9 senón que deben apegarse ó segredo sagrado da fe* cunha conciencia limpa.
10 Ademais, primeiro debe poñerse a proba a súa capacidade* e, se están libres de acusación, poden servir como ministros*.
11 Da mesma maneira, as mulleres deben ser confiables* e non deben ser calumniadoras. Deben ser moderadas nos seus hábitos e fieis en todo.
12 Os servos ministeriais deben ser maridos dunha soa muller e dirixir* ben os seus fillos e as súas propias familias. 13 Porque os homes que cumpren ben co seu servizo conseguen unha boa reputación e poden falar con moita liberdade* sobre a fe que teñen en Cristo Xesús.
14 Aínda que espero ir a verte dentro de pouco, escríboche estas cousas 15 para que, se tardo en ir, poidas saber de que maneira debes comportarte como membro da familia de Deus. Esta familia é a congregación do Deus vivo, e é columna e apoio da verdade. 16 Non hai dúbida de que o segredo sagrado desta devoción a Deus é moi importante: ‘Xesús apareceu como humano, foi declarado xusto cando se converteu nun espírito, aparecéuselles ós anxos, predicóuselles ás nacións sobre el, no mundo creron nel, foi recibido arriba no ceo con gloria’.