BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • 2 Timoteo 1
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de 2 Timoteo

      • Saúdo (1, 2)

      • Paulo dálle grazas a Deus pola fe de Timoteo (3-5)

      • Avivar o don de Deus (6-11)

      • Apegarse ás palabras beneficiosas (12-14)

      • Os amigos e os inimigos de Paulo (15-18)

2 Timoteo 1:6

Notas

  • *

    Ver glosario impoñer as mans.

2 Timoteo 1:7

Notas

  • *

    Esta palabra pode referirse ó espírito santo ou á actitude dunha persoa.

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 47

    Fontes de información,

    8/2019, páx. 1

2 Timoteo 1:8

Índices

  • Guía de estudo

    Fontes de información,

    8/2019, páx. 1

2 Timoteo 1:9

Notas

  • *

    Ver glosario.

2 Timoteo 1:10

Notas

  • *

    Ou “e incorrupción”. Ver glosario incorrupción.

2 Timoteo 1:12

Notas

  • *

    É probable que Paulo se referise a que lle confiara a súa vida a Deus.

  • *

    Ver glosario día de xuízo.

2 Timoteo 1:13

Notas

  • *

    Ou “saudables”.

2 Timoteo 1:16

Notas

  • *

    Refírese a Xehová.

2 Timoteo 1:18

Notas

  • *

    Ver apén. A5.

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
2 Timoteo 1:1-18

Segunda Carta a Timoteo

1 De parte de Paulo, apóstolo de Cristo Xesús pola vontade de Deus de acordo coa promesa da vida que se fixo posible por medio de Cristo Xesús, 2 para Timoteo, un fillo querido:

Que teñas bondade inmerecida, misericordia e paz de parte de Deus, o Pai, e de Cristo Xesús, o noso Señor.

3 Doulle grazas a Deus, a quen lle dou servizo sagrado igual que facían os meus antepasados, e a quen sirvo cunha conciencia limpa. Sempre me acordo de ti nas súplicas que fago día e noite. 4 Cando me acordo das túas lágrimas, teño moitas ganas de verte. E se nos vemos sentireime cheo de alegría. 5 Porque recordo a túa fe sen hipocrisía, a mesma fe que primeiro tiveron a túa avoa Loida e a túa nai Eunice, e que estou seguro de que ti tamén tes.

6 Por iso, acórdate de seguir avivando coma se fose un lume o don de Deus que tes desde que che impuxen as mans*. 7 Porque o espírito* que Deus nos dá non produce covardía, senón que produce poder, amor e bo xuízo. 8 Así que non te avergonces do testemuño sobre o noso Señor nin tampouco te avergonces de min, que estou preso porque son o seu servo. En vez diso, acepta as dificultades que teñas que sufrir polas boas noticias e confía en que Deus che dará o poder para aguantar. 9 El salvounos e chamounos para ser santos*, pero non foi polas nosas accións, senón polo seu propio propósito e pola súa bondade inmerecida. Deus mostrounos esta bondade inmerecida por medio de Cristo Xesús hai moitísimo tempo, 10 pero agora fíxose evidente de maneira clara porque apareceu o noso Salvador, Cristo Xesús. El anulou a morte e, por medio das boas noticias, revelounos como ter vida e un corpo que non se pode descompoñer*. 11 Fun escollido como predicador, apóstolo e mestre para dar a coñecer estas boas noticias.

12 Por iso tamén estou sufrindo todo isto, pero non me avergonzo. Porque coñezo a aquel en quen creo e estou convencido de que pode protexer o que lle confiei* ata o día de xuízo*. 13 Síguete apegando ó modelo de palabras beneficiosas* que me escoitaches, e sigue demostrando a fe e o amor que son o resultado de estar unido a Cristo Xesús. 14 Coa axuda do espírito santo que está en nós, protexe este tesouro que se che confiou.

15 Xa sabes que se apartaron de min tódolos irmáns da provincia de Asia, incluídos Fixelo e Hermóxenes. 16 Que o Señor* lles mostre misericordia ós da casa de Onesíforo, porque el animoume moitas veces e non se avergonzou de min aínda que eu estivese preso con cadeas. 17 Todo o contrario. Cando estivo en Roma buscoume sen parar ata que me encontrou. 18 Que o Señor Xehová* lle dea a súa misericordia no día de xuízo. Xa sabes ben todo o que fixo en Éfeso.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir