BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Filipenses 4
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de Filipenses

      • Unidade, alegría e pensamentos correctos (1-9)

        • “Non vos angustiedes por nada” (6, 7)

      • Paulo agradece a axuda dos filipenses (10-20)

      • Despedida (21-23)

Filipenses 4:1

Notas

  • *

    Ou “firmes no Señor”.

Filipenses 4:2

Notas

  • *

    Lit. “a mesma mente”.

Filipenses 4:3

Notas

  • *

    Lit. “compañeiro de xugo”‏.

  • *

    Ou “loitaron moito”.

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    9/2022, páxs. 15-16

Filipenses 4:6

Índices

  • Guía de estudo

    Preguntas sobre a Biblia, artigo 191

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 9

    Caderno de estudo vida e actividades,

    6/2019, páx. 6

Filipenses 4:7

Notas

  • *

    Ou “as vosas facultades mentais”, “os vosos pensamentos”.

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    1/2024, páxs. 21-22

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 9

Filipenses 4:8

Notas

  • *

    Ou “meditade”.

  • *

    Ou “casto”.

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    10/2022, páx. 9

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 41

    Continúa no amor de Deus, páxs. 83-84

Filipenses 4:11

Notas

  • *

    Ou “ser autosuficiente”.

Filipenses 4:13

Índices

  • Guía de estudo

    Preguntas sobre a Biblia, artigo 189

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 40

Filipenses 4:15

Notas

  • *

    Ou “ningunha congregación participou comigo en dar e recibir excepto vós”.

Filipenses 4:17

Notas

  • *

    Lit. “o froito”.

  • *

    Ou “que aumenta o crédito da vosa conta”.

Filipenses 4:19

Notas

  • *

    Ou “riquezas”.

Filipenses 4:21

Notas

  • *

    Ver glosario.

Filipenses 4:22

Notas

  • *

    Refírese ó emperador de Roma.

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
Filipenses 4:1-23

Carta ós Filipenses

4 Así que vós, irmáns, ós que quero e estou desexando ver, que sodes a miña alegría e sodes coma unha coroa para min, mantédevos fieis ó Señor* como vos dixen, meus queridiños.

2 Suplícolles a Evodia e a Síntique que teñan a mesma forma de pensar* como seguidoras do Señor. 3 E a ti, que es un verdadeiro colaborador*, tamén che pido que sigas axudando a estas mulleres. Elas esforzáronse* por dar a coñecer as boas noticias comigo, con Clemente e tamén co resto dos meus colaboradores, que teñen o seu nome escrito no libro da vida.

4 Alegrádevos sempre no Señor. Dígovolo unha vez máis: alegrádevos! 5 Que todos vexan que sodes persoas razoables. O Señor está cerca. 6 Non vos angustiedes por nada. En vez diso, en calquera situación, facédelle saber a Deus as vosas peticións con oracións e súplicas, e dándolle grazas. 7 E a paz de Deus, que vai máis alá do que calquera ser humano pode entender, protexerá o voso corazón e a vosa mente* por medio de Cristo Xesús.

8 Finalmente, irmáns, pensade* constantemente en todo o que é verdadeiro, en todo o que é serio, en todo o que é xusto, en todo o que é puro*, en todo o que promove amor, en todo o que ten boa reputación, en todo o que é virtuoso e en todo o que é digno de louvanza. 9 Facede as cousas que aprendestes e recibistes de min, e tamén as que me escoitastes dicir e me vistes facer, e o Deus da paz estará con vós.

10 Estou moi contento e doulle grazas ó Señor porque vos preocupastes por min outra vez. Aínda que sempre estivestes preocupados por min, non tiverades a oportunidade de demostralo. 11 Non digo isto porque estea pasando necesidade. De feito, aprendín a estar contento* en calquera situación. 12 Sei vivir con pouco e sei vivir con moito. En todo e en calquera circunstancia aprendín o segredo de estar satisfeito e de pasar fame, de ter moito e de non ter nada. 13 Teño forzas para todo grazas a Deus, que me dá poder.

14 Aínda así, fixestes ben en axudarme nos momentos difíciles. 15 De feito, filipenses, xa sabedes que cando marchei de Macedonia despois de que escoitásedes por primeira vez as boas noticias, fostes a única congregación que me axudou*. 16 Porque mentres estaba en Tesalónica, mandástesme a axuda que necesitaba non só unha vez, senón dúas. 17 Non é que eu busque regalos, senón que quero que teñades a recompensa* que vén de dar*. 18 Teño todo o que me fai falta e incluso máis. Teño todo o que necesito agora que Epafrodito me deu o que me mandastes: un sacrificio de aroma agradable que Deus acepta de boa gana. 19 O meu Deus, pola súa parte, usará as súas gloriosas bendicións* para darvos todo o que necesitedes por medio de Cristo Xesús. 20 Que o noso Deus e Pai reciba a gloria para sempre. Amén.

21 Saudade da miña parte a tódolos santos* que son discípulos de Cristo Xesús. Os irmáns que están comigo mándanvos saúdos. 22 Tódolos santos, pero sobre todo os da casa de César*, mándanvos saúdos.

23 Que a bondade inmerecida do Señor Xesucristo estea co bo espírito que demostrades.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir