Carta de Santiago
5 Agora, os que sodes ricos, escoitade. Chorade e lamentádevos polas desgrazas ás que vos ides ter que enfrontar. 2 As vosas riquezas podreceron e a vosa roupa está comida polos bichos*. 3 O voso ouro e a vosa prata oxidáronse, e ese óxido testificará contra vós e comerá a vosa carne. O que acumulastes será coma un lume nos últimos días. 4 Escoitade! Os traballadores que recolleron os vosos campos seguen berrando porque non lles pagastes o seu salario, e os seus gritos por axuda chegaron ós oídos de Xehová* dos exércitos. 5 Vivistes unha vida de luxos aquí na terra e entregástesvos ós praceres. Engordastes o voso corazón para o día da matanza. 6 Condenastes e asasinastes ó xusto. Acaso non está el* na vosa contra?
7 Así que, irmáns, tede paciencia ata a presenza* do Señor. Mirade! O agricultor segue esperando con paciencia o valioso froito da terra ata que chegan as primeiras chuvias e as últimas. 8 Vós tamén tedes que ter paciencia. Fortalecede o voso corazón, porque a presenza do Señor xa está cerca.
9 Irmáns, non vos queixedes uns dos outros, e así non seredes xulgados. Mirade! O Xuíz está ás portas. 10 Irmáns, seguide o exemplo dos profetas que falaron no nome de Xehová*. Eles aguantaron sufrimentos e tiveron paciencia. 11 Mirade! Consideramos felices* ós que aguantaron. Vós escoitastes falar do aguante de Xob e vistes o que Xehová* fixo por el ó final, e por iso sabedes que Xehová* é moi cariñoso* e misericordioso.
12 Meus irmáns, sobre todo deixade de xurar polo ceo e pola terra, e non fagades ningún outro tipo de xuramento. Máis ben, cando digades “si” que sexa si, e cando digades “non” que sexa non, para que non teñades que ser xulgados.
13 Hai alguén entre vós que estea sufrindo? Que siga orando. Hai alguén que estea alegre? Que cante salmos*. 14 Hai alguén enfermo* entre vós? Que chame os anciáns da congregación e que eles oren por el, botándolle aceite* no nome de Xehová*. 15 E a oración que fagan con fe fará que o enfermo* se recupere, e Xehová* levantarao. Ademais, se cometeu algún pecado, será perdoado.
16 Polo tanto, confesade abertamente os vosos pecados uns ós outros e orade uns polos outros, porque así seredes curados. A súplica do home xusto ten un efecto poderoso*. 17 Elías era un home con sentimentos coma os nosos e, aínda así, cando orou intensamente para que non chovese, non choveu sobre a terra durante tres anos e seis meses. 18 Entón volveu a orar, e caeu chuvia do ceo e a terra deu froito.
19 Meus irmáns, se algún de vós se deixou desviar da verdade e outro o fai volver, 20 sabede que calquera que fai volver a un pecador do seu mal camiño salvarao* da morte e Deus perdoaralle os seus moitos pecados.