BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Apocalipse 16
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de Apocalipse

      • As sete cuncas da furia de Deus (1-21)

        • Derramadas na terra (2), no mar (3), nos ríos e nas fontes (4-7), no sol (8, 9), no trono da besta salvaxe (10, 11), no Éufrates (12-16) e no aire (17-21)

        • A guerra de Deus en Armaxedón (14, 16)

Apocalipse 16:2

Notas

  • *

    Ou “úlcera”.

Apocalipse 16:3

Notas

  • *

    Ou “tódalas almas vivas”. Ver glosario alma.

Apocalipse 16:4

Notas

  • *

    Ou “nos mananciais”.

Apocalipse 16:5

Notas

  • *

    Ou “estes xuízos”.

Apocalipse 16:7

Notas

  • *

    Ver apén. A5.

  • *

    Ou “os teus xuízos”.

Apocalipse 16:11

Notas

  • *

    Ou “úlceras”.

Apocalipse 16:12

Notas

  • *

    Ver glosario.

  • *

    Lit. “do nacemento do sol”.

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    7/2022, páx. 6

Apocalipse 16:13

Notas

  • *

    Lit. “tres espíritos impuros”.

Apocalipse 16:14

Notas

  • *

    Ou “terra habitada”.

Apocalipse 16:15

Notas

  • *

    Ou “non se quita os seus mantos”.

Apocalipse 16:16

Notas

  • *

    En grego, Har-Maguedón. Vén dun termo hebreo que significa “montaña de Meguidó”. Ver glosario Armaxedón.

Índices

  • Guía de estudo

    Preguntas sobre a Biblia, artigo 85

    Tradución do Novo Mundo

Apocalipse 16:21

Notas

  • *

    Ou “pedrazo”.

  • *

    Un talento grego equivalía a 20,4 kg. Ver apén. B14.

Índices

  • Guía de estudo

    Adoración pura, páxs. 66, 198

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
Apocalipse 16:1-21

Apocalipse

16 Entón escoitei unha voz forte que viña do santuario e que lles dicía ós sete anxos: “Ide e derramade na terra as sete cuncas da furia de Deus”.

2 O primeiro anxo marchou e derramou a súa cunca na terra. E unha ferida* terrible e dolorosa fixo sufrir ás persoas que tiñan a marca da besta salvaxe e que adoraban a súa imaxe.

3 O segundo anxo derramou a súa cunca no mar. E o mar converteuse en sangue, coma a dun morto, e tódolos seres vivos* que había no mar morreron.

4 O terceiro anxo derramou a súa cunca nos ríos e nas fontes*, e convertéronse en sangue. 5 Entón escoitei que o anxo que tiña autoridade sobre as augas dicía: “Ti, aquel que é e que era, o Leal, ti es xusto, porque ditaches estas sentenzas*. 6 Como as persoas derramaron o sangue dos santos e dos profetas, ti décheslles de beber sangue. É o que merecen”. 7 E escoitei que o altar dicía: “Si, Xehová* Deus, o Todopoderoso, as túas sentenzas* son verdadeiras e xustas”.

8 O cuarto anxo derramou a súa cunca no sol. E ó sol permitíuselle queimar as persoas con lume. 9 E a intensa calor queimou as persoas. Pero blasfemaron contra o nome de Deus, quen ten autoridade sobre estas pragas, e non se arrepentiron nin lle deron gloria.

10 O quinto anxo derramou a súa cunca sobre o trono da besta salvaxe. Entón o seu reino escureceuse. E a xente empezou a morder a lingua pola dor, 11 pero blasfemaron contra o Deus do ceo debido ás súas dores e ás súas feridas*, e non se arrepentiron do que fixeran.

12 O sexto anxo derramou a súa cunca no gran río Éufrates*. E a auga do río secou para prepararlles o camiño ós reis que viñan do leste*.

13 E vin tres mensaxes inspiradas e impuras*, parecidas a ras, que saían da boca do dragón, da boca da besta salvaxe e da boca do falso profeta. 14 De feito, son mensaxes inspiradas por demos e realizan sinais. Van dirixidas ós reis de toda a terra*, para reunilos para a guerra do gran día de Deus, o Todopoderoso.

15 “Escoita! Veño coma un ladrón. Feliz o que se mantén desperto e coa roupa posta*. Así non andará espido e a xente non verá a súa vergonza”.

16 E as mensaxes inspiradas reuniron os reis no lugar que en hebreo se chama Armaxedón*.

17 O sétimo anxo derramou a súa cunca no aire. Entón unha voz forte saíu do trono que está no santuario e dixo: “Xa está feito!”. 18 E houbo lóstregos, voces, tronos e un gran terremoto. Nunca houbera un terremoto tan grande e forte desde que o home foi creado na terra. 19 A gran cidade quedou dividida en tres partes e as cidades de tódalas nacións foron destruídas. E Deus acordouse de Babilonia a Grande e deulle a copa co viño da furia da súa ira. 20 Ademais, tódalas illas fuxiron e as montañas desapareceron. 21 Entón desde o ceo caeron grandes pedras de graínzo* sobre a xente. Cada pedra pesaba aproximadamente un talento*. E a xente blasfemou contra Deus debido á praga de graínzo, porque a praga era extraordinariamente grande.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir