BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Filipenses 3
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de Filipenses

      • Non hai motivos para confiar en cousas humanas (1-11)

        • Ningunha cousa vale nada debido a Cristo (7-9)

      • Hai que esforzarse por alcanzar a meta (12-21)

        • Cidadáns dos ceos (20)

Filipenses 3:2

Notas

  • *

    É dicir, os que pola súa ensinanza se fixeron impuros ós ollos de Deus.

  • *

    Lit. “a carne”. É dicir, os que insisten na circuncisión.

Filipenses 3:3

Notas

  • *

    Ver glosario.

  • *

    Lit. “na carne”.

Filipenses 3:4

Notas

  • *

    Lit. “na carne”.

  • *

    Lit. “na carne”.

Filipenses 3:7

Notas

  • *

    Ou quizais “deixeinas voluntariamente”.

Filipenses 3:8

Notas

  • *

    Ou “aceptei perder”.

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 46

Filipenses 3:11

Notas

  • *

    Ou “a resurrección que suceda antes”. Ver glosario resurrección.

Filipenses 3:12

Notas

  • *

    Lit. “agarrou”.

Filipenses 3:13

Notas

  • *

    Ou “estírome”.

Filipenses 3:16

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 60

Filipenses 3:17

Notas

  • *

    Lit. “andan”.

Filipenses 3:18

Notas

  • *

    Ver glosario madeiro de tortura.

Filipenses 3:19

Notas

  • *

    Lit. “o seu ventre”.

Filipenses 3:21

Notas

  • *

    Lit. “colla a forma do”.

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
Filipenses 3:1-21

Carta ós Filipenses

3 Finalmente, meus irmáns, estade sempre alegres como servos do Señor. Non teño problema en escribirvos o mesmo, porque é para a vosa protección.

2 Tede coidado cos que son coma cans*, tede coidado cos que fan dano e tede coidado cos que mutilan o corpo*. 3 Porque nós somos os que temos a verdadeira circuncisión*, os que estamos servindo a Deus guiados polo seu espírito e non baseamos a nosa confianza en cousas humanas*, senón que presumimos de Cristo Xesús. 4 Pero se hai alguén que ten motivos para confiar en cousas humanas*, ese son eu.

Se alguén pensa que ten motivos para confiar en cousas humanas*, eu teño máis: 5 fun circuncidado ó oitavo día, son da nación de Israel, da tribo de Benxamín, hebreo de pais hebreos, seguín estritamente a Lei coma un fariseo, 6 fun tan devoto que perseguín a congregación e demostrei que non era culpable de nada ó facer as cousas xustamente como dicía a Lei. 7 Pero as cousas que consideraba de gran valor, agora considero que non valen nada* debido ó Cristo. 8 É máis, considero que ningunha cousa vale nada, debido ó valor incalculable do coñecemento de Cristo Xesús, o meu Señor. Por el renunciei a* tódalas cousas e véxoas coma un montón de lixo, para ganar a Cristo 9 e para que se vexa que estou unido a el. Non digo que eu sexa xusto por obedecer a Lei, senón por ter fe en Cristo. Esta xustiza vén de Deus e baséase na fe. 10 O meu obxectivo é coñecer o Cristo, coñecer o poder da súa resurrección e pasar polos seus sufrimentos. Incluso estou disposto a sufrir unha morte coma a súa, 11 para ver se dalgunha maneira podo conseguir a primeira resurrección* de entre os mortos.

12 Non é que xa recibise o premio nin que xa sexa perfecto, senón que estou facendo todo o posible para ver se tamén podo conseguir iso para o que Cristo me escolleu*. 13 Irmáns, non creo que o conseguise aínda. Pero unha cousa é certa: esquezo as cousas que quedan atrás e esfórzome* para conseguir as cousas que están por vir. 14 Estou facendo todo o que podo por alcanzar a meta para recibir o premio da chamada celestial de Deus mediante Cristo Xesús. 15 Así que, os que somos maduros debemos ter esta mesma actitude. E se alguén pensa diferente nalgunha cousa, Deus revelaravos cal é a actitude correcta. 16 En calquera caso, sen importar canto progresásemos ata agora, sigamos andando correctamente por este mesmo camiño.

17 Irmáns, todos vós imitádeme a min e fixádevos nos que viven* seguindo o exemplo que vos puxemos. 18 Porque hai moitos que viven como inimigos do Cristo e do seu madeiro de tortura*. Xa vos falei moitas veces deles, pero agora falo deles con lágrimas. 19 O seu final é a destrución e o seu deus é o seu propio desexo*. Están orgullosos das cousas das que terían que avergonzarse e só pensan nas cousas da terra. 20 Pero nós somos cidadáns dos ceos, e de alí esperamos con moitas ganas un salvador, o Señor Xesucristo. 21 El transformará o noso insignificante corpo para que sexa coma o* seu glorioso corpo. Vaino facer por medio do seu gran poder, que lle permite poñer tódalas cousas baixo a súa autoridade.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir