BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Apocalipse 20
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de Apocalipse

      • Satanás é atado durante 1000 anos (1-3)

      • Os que reinarán con Cristo durante 1000 anos (4-6)

      • Satanás é liberado e despois destruído (7-10)

      • Os mortos son xulgados diante do trono branco (11-15)

Apocalipse 20:1

Notas

  • *

    Ver glosario.

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    9/2022, páxs. 23-24

Apocalipse 20:2

Notas

  • *

    A palabra grega orixinal é diábolos (calumniador).

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    9/2022, páxs. 23-24

Apocalipse 20:3

Notas

  • *

    Ver glosario.

Índices

  • Guía de estudo

    Adoración pura, páxs. 230-232

    Tradución do Novo Mundo

Apocalipse 20:4

Notas

  • *

    Ver Ap 6:9, nota.

  • *

    Lit. “executados coa machada”.

Apocalipse 20:5

Notas

  • *

    Ver glosario.

Apocalipse 20:8

Notas

  • *

    Lit. “nas catro esquinas”.

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 33

    Adoración pura, páxs. 232-233

Apocalipse 20:9

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 33

Apocalipse 20:10

Notas

  • *

    Ou “Serán retidos”, “Serán encarcerados”. Lit. “Serán atormentados”.

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 33

    Adoración pura, páxs. 233-234

Apocalipse 20:11

Índices

  • Guía de estudo

    Ensina, páx. 213

Apocalipse 20:12

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    9/2022, páxs. 19, 26

    Ensina, páxs. 213-214

Apocalipse 20:13

Notas

  • *

    Ou “Hades”. É dicir, o lugar simbólico onde descansan os mortos. Ver glosario tumba.

Índices

  • Guía de estudo

    Preguntas sobre a Biblia, artigo 66

Apocalipse 20:14

Notas

  • *

    Ou “Hades”. É dicir, o lugar simbólico onde descansan os mortos. Ver glosario tumba.

  • *

    Ver glosario lago de lume.

Índices

  • Guía de estudo

    Tradución do Novo Mundo

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
Apocalipse 20:1-15

Apocalipse

20 Vin un anxo que baixaba do ceo coa chave do abismo* e cunha cadea grande na man. 2 Colleu ó dragón, a serpe orixinal, que é o Demo* e Satanás, e atouno por 1000 anos. 3 Entón botouno no abismo*, encerrouno alí e selou a entrada para que non volvese enganar as nacións ata que acabasen os 1000 anos. Despois diso ten que ser liberado durante un pouco de tempo.

4 Vin tronos, e ós que se sentaron neles déuselles autoridade para xulgar. Si, vin as almas* dos que foran executados* por dar testemuño acerca de Xesús e por falar de Deus, os que non adoraran nin á besta salvaxe nin á súa imaxe e non recibiran a marca nin na fronte nin na man. Estes chegaron a vivir e reinaron co Cristo durante 1000 anos. 5 Esta é a primeira resurrección*. (O resto dos mortos non volveron a vivir ata que acabaron os 1000 anos.) 6 Feliz e santo é quen resucita na primeira resurrección. A morte segunda non ten autoridade sobre eles, senón que serán sacerdotes de Deus e do Cristo, e reinarán con el durante os 1000 anos.

7 Pero tan pronto acaben os 1000 anos, Satanás será liberado da súa prisión 8 e sairá para enganar as nacións que están nos catro extremos* da terra, a Gog e a Magog, para reunilas para a guerra. A súa cantidade é coma a dos grans de area do mar. 9 Elas avanzaron por toda a terra e rodearon o campamento dos santos e a cidade amada. Pero baixou lume do ceo e consumiunas. 10 E o Demo, que as estivera enganando, foi botado no lago de lume e xofre, onde xa estaban a besta salvaxe e o falso profeta. A eles faráselles sufrir* día e noite para sempre.

11 Vin un gran trono branco e ó que estaba sentado nel. A terra e o ceo escaparon de diante del e desapareceron sen deixar rastro. 12 E vin os mortos (os grandes e os pequenos) de pé diante do trono, e abríronse uns rolos. Tamén se abriu outro rolo: o rolo da vida. E os mortos foron xulgados polas súas accións de acordo co que estaba escrito nos rolos. 13 O mar entregou os mortos que había nel, e a morte e a Tumba* tamén entregaron os mortos que había nelas. E cada un foi xulgado polas súas accións. 14 A morte e a Tumba* foron botadas no lago de lume*. O lago de lume representa a morte segunda. 15 Ademais, tódolos que non tiñan o seu nome escrito no libro da vida tamén foron botados no lago de lume.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir