BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Romanos 15
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de Romanos

      • Recibídevos con cariño tal como fixo Cristo (1-13)

      • Paulo é un servo para predicarlles ás nacións (14-21)

      • Os plans de viaxe de Paulo (22-33)

Romanos 15:1

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 35

    Continúa no amor de Deus, páxs. 21-22

Romanos 15:2

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 52

Romanos 15:4

Índices

  • Guía de estudo

    Preguntas sobre a Biblia, artigo 189

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 1

Romanos 15:6

Notas

  • *

    Lit. “boca”.

Romanos 15:7

Notas

  • *

    Ou “aceptádevos”.

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    7/2023, páx. 6

Romanos 15:8

Notas

  • *

    Ou “ministro”.

Romanos 15:11

Notas

  • *

    Ver apén. A5.

Romanos 15:13

Notas

  • *

    Ou “desbordedes de”.

Romanos 15:14

Notas

  • *

    Ou “instruírvos”.

Romanos 15:19

Notas

  • *

    Lit. “sinais”.

  • *

    Ou “nun circuíto”.

Romanos 15:23

Notas

  • *

    Ou quizais “algúns”.

Romanos 15:25

Notas

  • *

    Lit. “santos”.

Romanos 15:26

Notas

  • *

    Lit. “santos”.

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
  • 26
  • 27
  • 28
  • 29
  • 30
  • 31
  • 32
  • 33
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
Romanos 15:1-33

Carta ós Romanos

15 Pero nós, os que somos fortes, debemos soportar as debilidades dos que non son fortes, e non debemos agradarnos a nós mesmos. 2 Que cada un de nós agrade ós demais para beneficio deles, para fortalecelos. 3 Porque nin sequera o Cristo se agradou a si mesmo, senón que pasou tal como está escrito: “Os insultos dos que te insultan caeron sobre min”. 4 Porque tódalas cousas que se escribiron hai moito tempo nas Escrituras escribíronse para ensinarnos, para que teñamos esperanza mediante o noso aguante e o consolo que dan as Escrituras. 5 Que o Deus que dá aguante e consolo vos permita a todos vós ter a mesma actitude que tivo Cristo Xesús. 6 Así, unidos e cunha soa voz*, darédeslle gloria ó Deus e Pai do noso Señor Xesucristo.

7 Así que recibídevos con cariño* uns ós outros, tal como Cristo tamén vos recibiu con cariño a vós, para que isto lle dea gloria a Deus. 8 Porque vos digo que Cristo chegou a ser servo* dos que están circuncidados para confirmar que as promesas que Deus lles fixo ós antepasados deles son certas, 9 e para que as nacións lle desen gloria a Deus pola súa misericordia. Tal como está escrito: “Por iso te louvarei en público entre as nacións e cantareille louvanzas ó teu nome”. 10 E Deus tamén di: “Nacións, alegrádevos co seu pobo”. 11 Outra parte das Escrituras di: “Louvade a Xehová*, tódalas nacións. Que tódolos pobos o louven”. 12 E Isaías tamén di: “Aparecerá a raíz de Xesé, o que vén para gobernar as nacións. E as nacións poñerán a súa esperanza nel”. 13 Que o Deus que dá esperanza vos encha de felicidade e paz por confiar nel, para que teñades moita* esperanza grazas ó poder do espírito santo.

14 Meus irmáns, estou convencido de que tamén estades cheos de bondade e de todo coñecemento, e de que podedes aconsellarvos* uns ós outros. 15 Aínda así, escribinvos con moita franqueza sobre algúns asuntos para volver a recordárvolos. Fágoo pola bondade inmerecida que Deus me mostrou. 16 Déuseme esta bondade inmerecida para que fose un servo público de Cristo Xesús para predicarlles ás nacións. Participo na obra santa das boas noticias de Deus para que estas nacións poidan ser unha ofrenda que lle agrade a Deus, santificada con espírito santo.

17 Por iso teño motivos para estar moi alegre, tanto por ser discípulo de Cristo Xesús como polo meu servizo a Deus. 18 Non me atreverei a falar de nada que non sexa do que Cristo fixo por medio de min para que as nacións sexan obedientes. Isto fíxoo por medio das miñas palabras e accións, 19 co poder de milagres* e cousas impresionantes, e co poder do espírito de Deus. Así, prediquei completamente as boas noticias acerca do Cristo por todas partes* desde Xerusalén ata Ilírico. 20 Desta maneira, propúxenme non predicar as boas noticias onde xa se dera a coñecer o nome de Cristo, para non construír sobre o fundamento que puxo outra persoa. 21 Tal como está escrito: “Os que non recibiron noticias sobre el verán, e os que non oíron falar del entenderán”.

22 É por iso polo que en moitas ocasións non puiden ir a visitarvos. 23 Pero xa non me quedan lugares sen predicar nestas rexións, e teño moitas ganas de ir a vervos desde hai moitos* anos. 24 Por iso, cando vaia de camiño a España, espero vervos. E despois de desfrutar de estar con vós durante un tempo, espero que poidades acompañarme parte do camiño. 25 Pero agora estou a punto de ir a Xerusalén para servir os irmáns*. 26 Porque os irmáns de Macedonia e Acaia compartiron de boa gana as súas cousas e fixeron unha doazón para os irmáns* de Xerusalén que son pobres. 27 É certo que o fixeron de boa gana, pero a realidade é que estaban en débeda con eles, porque as nacións beneficiáronse das cousas espirituais que compartiron con elas os irmáns de Xerusalén. Así que elas tamén están obrigadas a compartir as cousas materiais que teñen con eles. 28 Cando acabe de facer isto, e despois de asegurarme de que reciben esa doazón, marcharei para España e pasarei de camiño por onde estades vós. 29 Ademais, sei que cando vaia a visitarvos, levarei as abundantes bendicións de Cristo.

30 Irmáns, suplícovos polo noso Señor Xesucristo e polo amor que vén do espírito santo que vos esforcedes, como fago eu, por orarlle a Deus intensamente por min, 31 para que poida escapar dos de Xudea que non son crentes e para que esta doazón que lles levo ós irmáns de Xerusalén sexa ben recibida. 32 Así que, se é a vontade de Deus, visitareivos con alegría e animarémonos uns ós outros. 33 Que o Deus que dá paz estea con todos vós. Amén.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir