BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Apocalipse 1
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de Apocalipse

      • Unha revelación de Deus mediante Xesucristo (1-3)

      • Saúdo ás sete congregacións (4-8)

        • “Eu son o Alfa e o Omega” (8)

      • Xoán está no día do Señor por inspiración (9-11)

      • Visión de Xesús glorificado (12-20)

Apocalipse 1:1

Notas

  • *

    En grego, apokálipsis. Este nome vén dun verbo que significa “quitar a cuberta” ou “retirar o veo”.

  • *

    Ver glosario.

  • *

    Ver glosario.

Apocalipse 1:2

Notas

  • *

    Lit. “e do testemuño que deu”.

Apocalipse 1:4

Notas

  • *

    Ver glosario.

Apocalipse 1:7

Índices

  • Guía de estudo

    Fontes de información, 11/2019, páxs. 6-7

Apocalipse 1:8

Notas

  • *

    Ver apén. A5.

  • *

    Ou “o A e o Z”. Alfa e omega son, respectivamente, a primeira e a última letra do alfabeto grego. Ver glosario alfa e omega.

Índices

  • Guía de estudo

    Tradución do Novo Mundo

Apocalipse 1:9

Notas

  • *

    Lit. “tribulación”.

Apocalipse 1:10

Notas

  • *

    Ou “Estando cheo de espírito santo”.

Apocalipse 1:14

Índices

  • Guía de estudo

    Preguntas sobre a Biblia, artigo 126

Apocalipse 1:15

Notas

  • *

    Ou “dunha gran catarata”.

Índices

  • Guía de estudo

    Preguntas sobre a Biblia, artigo 126

Apocalipse 1:16

Índices

  • Guía de estudo

    Fontes de información,

    11/2019, páx. 6

Apocalipse 1:18

Notas

  • *

    Ou “Hades”. É dicir, o lugar simbólico onde descansan os mortos. Ver glosario tumba.

Apocalipse 1:20

Índices

  • Guía de estudo

    Caderno de estudo vida e actividades,

    11/2019, páx. 5

    Fontes de información,

    11/2019, páx. 6

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
Apocalipse 1:1-20

Apocalipse

1 Unha revelación* de Xesucristo, que Deus lle deu, para mostrarlles ós seus escravos as cousas que teñen que suceder dentro de pouco. Xesucristo enviou o seu anxo*, e por medio del presentoulle esta revelación usando sinais* ó seu escravo Xoán, 2 quen deu testemuño da palabra de Deus e da mensaxe que transmitiu* Xesucristo, é dicir, de tódalas cousas que viu. 3 Feliz o que lea en voz alta as palabras desta profecía, e felices os que escoiten e obedezan as cousas que se escribiron nela, porque o tempo fixado está cerca.

4 De parte de Xoán para as sete congregacións que están na provincia de Asia*:

Que recibades bondade inmerecida e paz de parte de “aquel que é, que era e que vén”, de parte dos sete espíritos que están diante do trono de Deus 5 e de parte de Xesucristo, a Testemuña Fiel, o Primoxénito de entre os mortos e o Gobernante dos reis da terra.

Que a el, que nos ama e nos liberou dos nosos pecados por medio do seu propio sangue 6 (e que fixo que fósemos un reino e sacerdotes para o seu Deus e Pai), vaia a gloria e o poder para sempre. Amén.

7 Mirade! Virá coas nubes e todos o verán, incluso os que o traspasaron. E por causa del, tódalas tribos da terra lamentaranse dándose golpes no peito. Si, amén.

8 Xehová* Deus di: “Eu son o Alfa e o Omega*, aquel que é, que era e que vén, o Todopoderoso”.

9 Eu, Xoán, o voso irmán e compañeiro na persecución*, no reino e no aguante como seguidor de Xesús, estiven na illa que se chama Patmos por falar sobre Deus e por dar testemuño acerca de Xesús. 10 Por inspiración* cheguei a estar no día do Señor, e escoitei detrás de min unha voz poderosa que era coma o son dunha trompeta, 11 que dicía: “Escribe nun rolo o que ves e envíallelo ás sete congregacións: Éfeso, Esmirna, Pérgamo, Tiatira, Sardis, Filadelfia e Laodicea”.

12 Cando me xirei para ver quen me falaba, vin sete candelabros de ouro. 13 No medio dos candelabros vin a alguén parecido a un fillo do home. Ía vestido cunha túnica que lle chegaba ata os pés e levaba posta unha faixa de ouro á altura do peito. 14 Ademais, a súa cabeza e o seu pelo eran brancos coma a la branca, igual que a neve, e os seus ollos eran coma unha chama de lume. 15 Os seus pés eran coma o cobre refinado cando brilla no forno, e a súa voz era tan forte coma o ruído de moita auga en movemento*. 16 Na man dereita tiña sete estrelas, da súa boca saía unha espada de dous fíos, longa e afiada, e a súa cara era coma o sol cando brilla con toda a súa forza. 17 Cando o vin, caín diante dos seus pés coma se estivese morto.

E el puxo a súa man dereita sobre min e díxome: “Non teñas medo. Eu son o Primeiro e o Último 18 e o que vive. Estiven morto, pero agora vivo para sempre, e teño as chaves da morte e da Tumba*. 19 Así que escribe as cousas que viches, as que están pasando agora e as que pasarán despois. 20 Este é o segredo sagrado das sete estrelas que viches na miña man dereita e dos sete candelabros de ouro: as sete estrelas representan os anxos das sete congregacións e os sete candelabros representan as sete congregacións.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir