BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • jl lección 7
  • Como son as nosas reunións?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como son as nosas reunións?
  • Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?
  • Información relacionada
  • Como che poden axudar as reunións das Testemuñas de Xehová?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Que atoparás nas nosas reunións?
    Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?
Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?
jl lección 7

LECCIÓN 7

Como son as nosas reunións?

Unha reunión das testemuñas de Xehová en Nova Zelandia

Nova Zelandia

Unha reunión das testemuñas de Xehová no Xapón

Xapón

Un mozo testemuña de Xehová lendo a Biblia en Uganda

Uganda

Dúas testemuñas de Xehová de Lituania facendo unha demostración dunha conversa sobre a Biblia

Lituania

As reunións dos primeiros cristiáns consistían basicamente en cánticos, oracións, e a lectura e comentario das Escrituras. Non se facía ritual ningún (1a Corintios 14:26). Pois nas nosas reunións verás unha cousa moi parecida.

Preséntanse consellos prácticos baseados na Biblia. Na fin de semana, as congregacións teñen unha Conferencia Pública de trinta minutos que explica a utilidade da Biblia para as nosas vidas e o que di sobre os nosos tempos. Anímase a todos a seguir este discurso empregando a súa propia Biblia. Despois da conferencia, faise durante unha hora o Estudo de La Atalaya, no que tódolos asistentes están invitados a participar no comentario dun artigo da edición de estudo da revista La Atalaya. Esta análise axúdanos a saber como aplicar nas nosas vidas os consellos da Biblia. A información que se considera é a mesma en todas e cada unha das máis de cento dez mil congregacións que hai no mundo.

Axúdasenos a ensinar a Biblia cada vez mellor. Entre semana facemos outra reunión. Chámase Vida e Actividades Cristiás, e está baseada nos materiais de estudo e investigación que contén o Caderno de Estudo para a Reunión Vida e Actividades Cristiás. Na primeira parte, Tesouros da Biblia, faise unha achega a algunha porción da Biblia. A continuación, a sección Sexamos mellores mestres inclúe varias demostracións acerca de como manter conversas acerca da Biblia. Un instrutor fai comentarios que axudan a tódolos presentes a mellorar as súas habilidades para ler e falar en público (1a Timoteo 4:13). Na última parte, A nosa vida cristiá, coméntase como aplicar os consellos e ensinanzas da Biblia na nosa vida diaria. Inclúe unha sesión de preguntas e respostas que axuda os presentes a afondar nos seus coñecementos acerca da Biblia.

Estamos convencidos de que a calidade do programa de educación bíblica das nosas reunións vaite sorprender (Xoán 6:45).

  • Que se fai nas reunións das testemuñas de Xehová?

  • A cal das nosas reunións che gustaría asistir?

SEGUE APRENDENDO

Bótalle unha ollada á información que se analizará nas próximas reunións. Pensa en cantas cousas útiles para a vida diaria poderás aprender da Biblia.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir