BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 64 páx. 152-páx. 153 par. 4
  • Daniel no foxo dos leóns

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Daniel no foxo dos leóns
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • Aprende do exemplo de Daniel
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 64 páx. 152-páx. 153 par. 4
Os homes do rei sorprendendo a Daniel mentres ora diante dunha fiestra aberta

CAPÍTULO 64

Daniel no foxo dos leóns

Outro rei de Babilonia foi Darío o medo. El decatouse de que Daniel era alguén especial e púxoo como xefe dos homes máis importantes do país. Estes homes puxéronse celosos de Daniel e quixeron desfacerse del. Como sabían que Daniel lle oraba a Xehová tres veces ó día, dixéronlle a Darío: “Noso rei, debería haber unha lei para que todo o mundo che ore só a ti. E, se alguén desobedece esta lei, que o boten no foxo dos leóns”. A Darío gustoulle a idea, así que firmou a lei.

Cando Daniel soubo da nova lei marchou para a casa. Ó chegar, inclinouse no chan e oroulle a Xehová coas fiestras abertas. De repente, os homes que lle tiñan rabia entraron onda el e sorprendérono orando. Entón, foron correndo onda Darío e dixéronlle: “Daniel estate desobedecendo. Óralle ó seu Deus tres veces ó día”. Darío estimaba moito a Daniel e non quería que morrese, así que pasou todo o día pensando como salvalo. Pero nin o rei podía cambiar unha lei que xa estaba firmada. Ó final mandou ós seus homes que botasen a Daniel no foxo, ou cova, duns leóns moi feros.

Darío estaba moi preocupado. Non durmiu en toda a noite. Ó amencer correu onda o foxo e berrou: “Daniel, salvoute o teu Deus?”.

Entón, Darío escoitou unha voz. Era Daniel! Díxolle a Darío: “O anxo de Xehová pechou a boca dos leóns e non me fixeron mal ningún”. Darío estaba moi contento e mandou que sacasen a Daniel do foxo. Cando saíu non tiña ningunha ferida. Logo o rei dixo: “Botade no foxo os homes que acusaron a Daniel”. Así que botáronos no foxo e os leóns coméronos.

Despois Darío deu esta orde: “En todo o meu reino débese temer e respectar o Deus de Daniel. El librouno dos leóns”.

E ti? Óraslle a Xehová tódolos días como facía Daniel?

Daniel no foxo dos leóns

“O Señor sabe ben como librar da proba os homes piadosos” (2 Pedro 2:9)

Preguntas. Que facía Daniel tres veces ó día? Que fixo Xehová para rescatar a Daniel?

Daniel 6:2-29 (6:1-28, NM)

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir