BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • km 9/15 páx. 3
  • Como ensinar a Biblia co folleto Boas noticias

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como ensinar a Biblia co folleto Boas noticias
  • O Ministerio do Reino (2015)
  • Información relacionada
  • Como dar unha clase da Biblia co folleto Boas noticias
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2016)
O Ministerio do Reino (2015)
km 9/15 páx. 3

Como ensinar a Biblia co folleto Boas noticias

1. Para que está pensado o folleto Boas noticias?

1 Como se mencionou no Ministerio do Reino de xullo, o folleto Deus ten boas noticias! é unha ferramenta moi útil. As pasaxes bíblicas non aparecen copiadas para que o estudante poida lelas directamente da Biblia. Moitas das nosas publicacións están redactas de xeito que o lector poida estudalas pola súa conta. En cambio este folleto está pensado para analizalo coa axuda dun de nós. Polo tanto, cando o ofrezamos debemos intentar facer unha demostración de como é un curso bíblico; así a persoa verá o interesante que é coñecer as boas novas que contén a Biblia (Mt. 13:44).

2. Como podemos presentar o folleto Boas noticias na visita inicial?

2 Na visita inicial. Poderías dicir o seguinte: “Cando visitamos as persoas notamos que están preocupadas por onde irá parar este mundo. Vostede que pensa do futuro? (Deixa que responda.) A mensaxe da Biblia dános esperanza. Ademais ofrece respostas sobre as seguintes cuestións”. Entrégalle o folleto e pregúntalle cal dos temas da contraportada lle interesa máis. A continuación, faille unha demostración do curso bíblico lendo o primeiro parágrafo da lección que escolleu. Outra opción para presentar este folleto é que fagas unha pregunta ben pensada e que esperte o interese, baseada nunha lección que ti mesmo escollas, e que lle expliques á persoa como pode atopar a resposta na Biblia coa axuda do folleto. Se en jw.org está dispoñible o vídeo que corresponde á lección escollida, podes incluílo na túa presentación.

3. Explica como se fai un curso da Biblia co folleto Boas noticias.

3 Como facer a sesión de estudo. 1) Le a pregunta que aparece en letra grosa para que o estudante se centre na idea principal. 2) A continuación, le o parágrafo. 3) Le na Biblia as referencias que aparecen en letra cursiva, e usa preguntas ben pensadas para razoar co estudante sobre como o texto responde a pregunta en letra grosa. 4) Se hai máis dun parágrafo debaixo de cada pregunta, repite os pasos 2 e 3. Se algún vídeo cadra co tema da pregunta e aínda non o vistes xuntos, ensínallo durante algún momento da vosa conversa. 5) A continuación, le de novo a pregunta para asegurarte de que o estudante o entendeu todo ben.

4. Que podemos facer para sacarlle o máximo partido a este folleto?

4 Familiarízate con esta publicación tan útil e úsaa sempre que o vexas axeitado. Antes de cada sesión de estudo, pensa na persoa e en cal é a mellor maneira de razoar con ela a partir dos textos bíblicos que contén a lección (Pr. 15:28; Feit. 17:2, 3). Xa verás como canto máis utilices esta publicación para ensinar a mensaxe da Biblia, máis che vai gustar!

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir