BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb20 abril páx. 7
  • “Retirade os deuses alleos”

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • “Retirade os deuses alleos”
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2020)
  • Información relacionada
  • Xacob e Esaú fan as paces
    Aprendamos das historias da Biblia
  • Escolle diversións que lle agraden a Xehová
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Cal é a verdade sobre os anxos?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2020)
mwb20 abril páx. 7
Un home botando ó lixo un colar relacionado co ocultismo

A NOSA VIDA CRISTIÁ

“Retirade os deuses alleos”

Malia que aínda non había unha lei contra a idolatría, Xacob sabía que Xehová merece que se lle adore só a El (Éx. 20:3-5). Así que despois de que Deus lle dixo que volvese a Betel, Xacob mandoulles a tódolos seus que se desfixesen dos ídolos. Entón enterrounos todos, mesmo os pendentes, que se cadra se usaban como amuletos (Xén. 35:1-4). Sen dúbida, Xehová sentiuse moi ledo co que fixo Xacob.

E na actualidade, como podemos adorar só a Xehová? Algo moi importante é evitar todo o que teña que ver coa idolatría. Tamén debemos evitar o ocultismo, o que inclúe desfacernos de calquera obxecto vencellado a el e ter coidado cos tipos de ocio que escollemos. Por exemplo, é bo que nos preguntemos: “Gústanme os libros ou as películas que falan de vampiros, zombis ou de sucesos paranormais? Divírtome con cousas que presentan a maxia e os meigallos como algo inofensivo?”. É importante que nos afastemos de todo o que Xehová aborrece (Sal. 97:10).

DESPOIS DE VER O VÍDEO “FACÉDELLE FRONTE A SATÁN”, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Un bebé deitado cun amuleto no pulso, e a súa nai falando coa parella que lle dá o curso da Biblia

    Que problema tiña Palesa, unha muller que estudaba a Biblia?

  • A nai do bebé e a parella que lle dá o curso da Biblia recibindo a axuda de dous anciáns

    Se nós ou os nosos achegados temos problemas co ocultismo, por que deberiamos pedirlles axuda ós anciáns?

  • A estudante da Biblia botando ó lume o amuleto na cociña de ferro

    Facédelle fronte a Satán e achegádevos a Deus (Sant. 4:7, 8)

    Se queremos que Xehová nos protexa, de que temos que desfacernos?

  • Que decisión importante tomou Palesa?

  • Na zona na que vives, de que xeitos podes evitar a influencia dos demos?

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir