A NOSA VIDA CRISTIÁ
Usemos a imaxinación na lectura da Biblia
Cando leamos a Biblia, intentemos ver o cadro completo. Busquemos información sobre o contexto, os personaxes e as razóns polas que actuaron de certa maneira. Usemos a imaxinación para ver as paisaxes, escoitar os sons, cheirar os aromas e sentir as emocións dos personaxes.
DESPOIS DE VER O VÍDEO USEMOS A IMAXINACIÓN NA LECTURA DA BIBLIA (FRAGMENTO), RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
Por que poida que Xosé e os seus irmáns non se levasen ben?
Por que poida que os irmáns de Xosé actuasen impulsivamente?
Polo que di a Biblia, que podemos deducir de Xacob, o pai de Xosé?
De que fermoso xeito lles ensinou Xacob ós seus fillos a solucionar as diferenzas?
Como che axudou este vídeo?