BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w24 abril páx. 31
  • Sabíalo?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Sabíalo?
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
w24 abril páx. 31

Sabíalo?

Por que había estranxeiros no exército do rei David?

ENTRE os guerreiros estranxeiros que servían no exército de David estaban homes como Sélec o amonita, Urías o hitita e Itmah o moabita (1 Crón. 11:39, 41, 46).a As súas tropas tamén incluían “os quereteos, os peleteos e os gueteos” (2 Sam. 15:18). En xeral, pensábase que os quereteos e os peleteos estaban estreitamente relacionados cos filisteos (Ezeq. 25:16). E os gueteos eran os habitantes da cidade filistea de Gat (Xos. 13:2, 3; 1 Sam. 6:17, 18).

Por que incluíu o rei David estranxeiros no seu exército? El confiaba en que lle eran leais a el, pero sobre todo a Xehová. Por exemplo, falando dos quereteos e dos peleteos, The New Interpreter’s Dictionary of the Bible di: “Durante o reinado de David, permaneceron leais a el nas circunstancias máis difíciles”.b De que maneira? Cando “os homes de Israel” abandonaron o rei para seguir “un home perverso, que se chamaba Xeba”, os quereteos e os peleteos mantivéronse leais a David e axudaron a acabar coa rebelión de Xeba (2 Sam. 20:1, 2, 7). Noutra ocasión, Adonías, o fillo do rei David, intentou usurparlle o trono a seu pai. Pero os peleteos e os quereteos, tamén chamados cereteos, foron leais a David e axudaron a converter en rei a Salomón, a quen Xehová escollera como sucesor (1 Reis 1:24-27, 38, 39).

Outro estranxeiro que permaneceu completamente leal a David foi Itai, o gueteo. Itai e os seus 600 guerreiros apoiaron o rei David cando Abxalom, o fillo do rei, se rebelou e puxo os homes de Israel en contra de seu pai. Nun principio, David dixéralle a Itai que, como era forasteiro, non tiña por que pelexar naquela batalla. Pero Itai respondeulle: “¡Pola vida do Señor e pola do meu amo, o rei! Onde queira que estea o rei, meu señor, alí estará o teu servo, o mesmo para a morte que para a vida” (2 Sam. 15:6, 18-21).

Itai e o rei David conversando alegremente.

Itai foi leal a David, o rei unxido por Xehová.

Aínda que os quereteos, os peleteos e os gueteos eran estranxeiros, recoñecían a Xehová como o Deus verdadeiro e a David como o seu unxido. Que agradecido se debeu sentir David por poder contar con homes así ó seu lado!

a A lei de Deus rexistrada en Deuteronomio 23:4-7 (23:3-6, TNM) prohibía que os amonitas e os moabitas entrasen na congregación de Israel. Pero, polo visto, esta lei referíase á condición legal de verdadeiros membros da nación de Israel. Non implicaba que estes estranxeiros non se puidesen asociar cos israelitas ou residir entre eles. Mira o subtítulo “Se casan con israelitas” baixo a entrada “Ammonitas” da obra Perspicacia para comprender las Escrituras (dispoñible en español).

b Escrito por Katharine Doob Sakenfeld.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir