BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w25 agosto páx. 31
  • Preguntas dos lectores

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Preguntas dos lectores
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Información relacionada
  • Que sabemos sobre os futuros xuízos de Xehová?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
w25 agosto páx. 31

Preguntas dos lectores

Cando se deixarán de predicar as boas noticias?

Xesús dixo: “As boas noticias do Reino predicaranse por toda a terra habitada para dar testemuño a tódalas nacións, e entón virá o fin” (Mat. 24:14). A palabra grega traducida como “fin” neste versículo, igual que nos versículos 6 e 13, é telos. Esta refírese ó final do mundo de Satanás en Armaxedón (Apoc. 16:14, 16). Así que nós seguiremos predicando as boas noticias ata que chegue ese momento. Isto cambia o que entendiamos antes.

Antes pensabamos que deixariamos de predicar as boas noticias cando empezase a gran tribulación coa destrución de Babilonia a Grande (Apoc. 17:3, 5, 15, 16). Criamos que este suceso marcaría o final do “ano da boa vontade de Xehová” (Is. 61:2, TNM). Tamén pensabamos que os que sobrevivirían á gran tribulación serían os que se mantivesen fieis no seu servizo a Xehová antes de que esta empezase. Comparabámolos cos xudeus que sobreviviron á destrución de Xerusalén no 607 a. n. e. Eles foron marcados para sobrevivir antes porque adoraron a Xehová e odiaron a maldade (Ezeq. 5:11; 9:4). Pero esta comparación non coincide coas palabras de Xesús en Mateo 24:14, que indican que as persoas quizais teñan a oportunidade de responder ás boas noticias ata xusto antes do final en Armaxedón.

A maneira na que comprendemos agora Mateo 24:14 fai que teñamos que axustar tamén o que pensabamos sobre Apocalipse 16:21, onde se fala dunha tormenta de graínzo. Un estudo máis profundo revelou que estes dous textos se complementan entre eles. Como o sabemos? Pola maneira na que a Biblia describe como responderá a xente á mensaxe do Reino. O apóstolo Paulo escribiu que, para os “que van camiño á salvación” a mensaxe son boas noticias, “un aroma de vida”. Pero para os inimigos de Deus son malas noticias, “un olor de morte” (2 Cor. 2:15, 16). Odian a mensaxe do Reino porque mostra que o mundo que tanto aman é malvado, está gobernado por Satanás e pronto será destruído (Xoán 7:7; 1 Xoán 2:17; 5:19).

Fixémonos tamén en que a tormenta de graínzo simbólica será terrible. Isto pode significar que, durante a gran tribulación a mensaxe da predicación será máis intensa e chegará a máis persoas, así que se dará a coñecer o nome de Xehová coma nunca antes (Ezeq. 39:7). Nese momento, despois da destrución de Babilonia a Grande, verá alguén a mensaxe coma un aroma agradable? É moi posible. Quizais recorden ou aprendan que, durante moitos anos, as testemuñas de Xehová anunciaron o final da relixión falsa.

Isto parécese ó que pasou no antigo Exipto despois das dez pragas. Despois de que Xehová executase “xustiza con tódolos deuses de Exipto”, ó seu pobo uniuse “unha multitude de xente mesturada” de persoas que non eran israelitas (Éx. 12:12, 37, 38). Quizais estes estranxeiros uníronse ó pobo de Xehová cando viron como se cumpriu todo o que Moisés dixera que pasaría en cada unha das dez pragas.

Calquera que se poña de parte de Xehová despois da destrución de Babilonia a Grande terá o privilexio de apoiar os irmáns de Cristo que aínda estean na Terra (Mat. 25:34-36, 40). Claro, a oportunidade de ser xulgados como ovellas acabará pouco antes de Armaxedón, cando os últimos unxidos reciban a súa recompensa celestial.

Esta aclaración destaca o gran amor e misericordia de Xehová. El “non desexa que ningún sexa destruído, senón que todos cheguen a arrepentirse” (2 Ped. 3:9, TNM).

    Publicacións en galego (1993-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir