BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwwd artigo 39
  • A coiraza do escaravello diabólico acoirazado

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • A coiraza do escaravello diabólico acoirazado
  • Deseñouno alguén?
Deseñouno alguén?
ijwwd artigo 39
Un escaravello diabólico acoirazado.

Heather Broccard-Bell/iStock via Getty Images

DESEÑOUNO ALGUÉN?

A coiraza do escaravello diabólico acoirazado

O escaravello diabólico acoirazado (Phloeodes diabolicus) vive no oeste de América do Norte. Segundo os científicos, pode soportar unha carga de ata 39.000 veces o seu propio peso ou incluso sobrevivir se un coche o atropela. Como pode soportar este escaravello tanta presión?

A parte superior e inferior da coiraza do escaravello únense en cristas ó longo de cada lado. A primeira crista é capaz de resistir firmemente a deformación cando se comprime, e así protexe os órganos vitais. A segunda é menos ríxida, polo que se deforma con facilidade. E a terceira permite que a superficie da coiraza se desprace. A flexibilidade que ten este terceiro tipo de crista permite que o escaravello se meta debaixo da casca das árbores ou que se esconda entre as fisuras das pedras.

Ademais, ó longo da coiraza hai unha unión que ten varias protuberancias, chamadas láminas, que encaixan coma se fosen as pezas dun puzle, distribuíndo a presión. Estas láminas compóñense de capas que están pegadas unhas a outras por unhas proteínas. Ó comprimirse, estas proteínas forman pequenas aberturas que co tempo cicatrizan e permiten que a lámina absorba a presión sen desprenderse.

Un diagrama do escaravello diabólico acoirazado. Unha sección transversal da coiraza deixa ver as cristas que unen as partes superior e inferior e as láminas entrelazadas ó longo da unión central.

As láminas encaixan entre si coma se fosen as pezas dun puzle

As frechas vermellas apuntan ás cristas de soporte que unen as seccións superior e inferior da coiraza do escaravello. A frecha gris resalta as láminas entrelazadas ó longo da unión central.

Os expertos aseguran que a coiraza deste escaravello pode inspirar deseños máis seguros para estruturas que deben resistir presións ou impactos, coma os vehículos, as pontes e os edificios.

Que dirías? É a coiraza do escaravello diabólico acoirazado resultado da evolución? Ou deseñouna alguén?

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir