BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • nwt páxs. 500-501
  • B1 A mensaxe da Biblia

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • B1 A mensaxe da Biblia
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Despois do 4026 a.n.e.
  • 1943 a.n.e.
  • Despois do 1070 a.n.e.
  • 29 n.e.
  • 33 n.e.
  • Arredor do 1914 n.e.
  • Futuro
  • Unha antiga profecía moi importante para ti
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2022
  • Como atopar os textos na túa Biblia
    Outros temas
  • Por que debería importarche o que pasou no xardín de Edén?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2011)
  • Cal é o propósito de Deus para a Terra?
    Que ensina realmente a Biblia?
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
B1 A mensaxe da Biblia

B1

A mensaxe da Biblia

Edición impresa

Xehová ten o dereito de gobernar. A súa forma de gobernar é a mellor. Ten un propósito para a terra e a humanidade, e vaino cumprir.

Adán e Eva no xardín de Edén cunha serpe cerca.

Despois do 4026 a.n.e.

“A serpe” cuestiona o dereito que ten Xehová de gobernar e a súa forma de facelo. Xehová promete que unha “descendencia” ou “semente” finalmente esmagará a serpe, Satanás (Xénese 3:1-5, 15, nota). Pero por un tempo, Xehová permite que os humanos se gobernen a si mesmos baixo a influencia da serpe.

Abrahán escoitando a promesa de Deus.

1943 a.n.e.

Xehová asegúralle a Abrahán que un dos seus descendentes será a “descendencia” prometida (Xénese 22:18).

O rei David.

Despois do 1070 a.n.e.

Xehová asegúralle ó rei David, e despois ó seu fillo Salomón, que a “descendencia” prometida virá por medio da súa familia (2 Samuel 7:12, 16; 1 Reis 9:3-5; Isaías 9:6, 7).

Xesús no momento do seu bautismo.

29 n.e.

Xehová revela que Xesús é a “descendencia” prometida e o herdeiro do trono de David (Gálatas 3:16; Lucas 1:31-33; 3:21, 22).

Xesús no momento da súa morte.

33 n.e.

Satanás, a serpe, fai que asasinen a Xesús, causándolle así unha ferida temporal á “descendencia” prometida. Xehová resucita a Xesús, devólveo ós ceos e acepta o valor da súa vida perfecta. Ó facer isto, senta as bases para perdoar os pecados e para que os descendentes de Adán poidan vivir para sempre (Xénese 3:15; Feitos 2:32-36; 1 Corintios 15:21, 22).

Satanás, a serpe, sendo botado á Terra tal e como se prometeu en Apocalipse.

Arredor do 1914 n.e.

Xesús bota á terra a Satanás, a serpe, e obrígao a permanecer aí por un pouco de tempo (Apocalipse 12:7-9, 12).

Xesús gobernando a Terra desde o seu trono celestial tal e como se prometeu en Apocalipse.

Futuro

Xesús encerra a Satanás durante 1000 anos e finalmente destrúeo. Desta maneira esmágalle a cabeza de forma simbólica. Entón cúmprese o propósito orixinal de Xehová para a terra e a humanidade, o seu nome queda limpo de toda acusación e tamén se demostra que a súa forma de gobernar é a mellor (Apocalipse 20:1-3, 10; 21:3, 4).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir