BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • g18 núm. 2 páx. 13
  • 10. Confianza

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • 10. Confianza
  • Despertade! (2018)
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • QUE IMPLICA
  • POR QUE É IMPORTANTE
  • QUE PODES FACER
  • Podemos confiar nos nosos irmáns
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2022
  • Sexamos honrados en todo
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Demostra que es unha persoa na que se pode confiar
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2022
  • Sexamos honrados en todo
    Continúa no amor de Deus
Ver máis
Despertade! (2018)
g18 núm. 2 páx. 13
Unha rapaza facendo un pagamento nun banco

Obedecer os teus pais é como pagarlle unha débeda ó banco: canto máis responsable sexas, máis confiarán en ti.

RAPACES

10. Confianza

QUE IMPLICA

As persoas que son de fiar seguen as normas, cumpren as súas promesas e sempre din a verdade. Deste xeito gañan a confianza dos seus pais, dos seus amigos e dos seus xefes.

POR QUE É IMPORTANTE

Case sempre, a liberdade que recibes é proporcional á confianza que gañaches co paso do tempo.

“O mellor xeito de gañar a confianza dos teus pais é demostrarlles que es madura e responsable. E non só cando están eles, senón tamén cando non están” (Sarahi).

O QUE DI A BIBLIA: “Que todos vexan como progresas” (1 Timoteo 4:15).

QUE PODES FACER

Se queres gañar máis confianza ou recuperar a que perdiches, isto pódeche axudar.

Sé honrado. Non hai nada coma unha mentira para que a xente perda a confianza en ti. Pola contra se es sincero e honrado, especialmente cando te equivocas, vas gañar a confianza dos demais.

“É fácil ser honrado cando as cousas che van ben. Pero se o es tamén con algo que te deixa quedar mal, entón a xente confiará máis en ti” (Caiman).

O QUE DI A BIBLIA: “Queremos portarnos decentemente en todo” (Hebreos 13:18).

Sé responsable. Segundo unha enquisa feita nos Estados Unidos, o 78% dos profesionais de recursos humanos din que ser responsable é un dos tres requisitos máis importantes para atopar un traballo. Así que aprender a ser responsable agora será bo para ti no futuro.

“Os meus pais danse conta de cando son responsable e fago o que teño que facer sen que me insistan. Canto máis responsable son, máis confían en min” (Sarah).

O QUE DI A BIBLIA: “Escríboche fiando en que me vas facer caso e sabendo que has de facer máis do que che eu digo” (Filemón 21).

Sé paciente. A xente dáse conta axiña de que un rapaz medrou, pero leva máis tempo decatarse de que madurou mental e emocionalmente.

“A confianza dos demais non se gaña cun só feito. Pero se sempre es responsable, confiarán máis en ti” (Brandon).

O QUE DI A BIBLIA: “Exhortámosvos tamén, irmáns, a que [...] teñades paciencia con todos” (1 Tesalonicenses 5:14).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir