BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • g19 núm. 2 páxs. 10-11
  • O sentido da responsabilidade

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • O sentido da responsabilidade
  • Despertade! (2019)
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • QUE É?
  • POR QUE É IMPORTANTE?
  • COMO ENSINARLLES A SER RESPONSABLES
  • 8. Exemplo
    Despertade! (2018)
  • Como educar ós vosos fillos?
    A túa familia pode ser feliz
  • Como podo arranxar os meus erros?
    Respostas a 10 preguntas da xuventude
Despertade! (2019)
g19 núm. 2 páxs. 10-11
Un pai axuda ó seu fillo a regar unha planta

LECCIÓN 4

O sentido da responsabilidade

QUE É?

As persoas responsables son aquelas nas que se pode confiar. Cumpren co que se lles encarga e termínano a tempo.

Incluso desde moi pequenos, os nenos poden aprender a ser responsables. O libro Parenting Without Borders (Pais sen fronteiras) di: “Con 15 meses un neno empeza a ter a capacidade de colaborar e ós 18 meses xa empeza a ter o desexo de facelo. En moitas culturas os pais empezan a fomentar este desexo cando os nenos teñen entre 5 e 7 anos. Aínda sendo tan pequenos, con esta idade, os nenos xa poden axudar na casa”.

POR QUE É IMPORTANTE?

Chámaselle “xeración búmerang” ós adultos novos que se independizan pero logo volven á casa cando as cousas se poñen difíciles. Nalgúns casos, isto sucede porque nunca se lles ensinou a administrar ben os cartos, a levar unha casa ou a cumprir coas súas responsabilidades diarias.

Por ese motivo, é mellor que prepares os teus fillos para as responsabilidades que terán de adultos. O libro How to Raise an Adult (Como preparar o teu fillo para a idade adulta) di: “Non deberías deixar que o teu fillo dependa de ti para todo ata que cumpra os 18 e, entón, botalo ó mundo real”.

COMO ENSINARLLES A SER RESPONSABLES

Encárgalles algunhas tarefas.

PRINCIPIO BÍBLICO: “Todo traballo ten o seu proveito” (Proverbios 14:23).

Ós nenos pequenos encántalles facer cousas cos seus pais. Aproveita ese desexo natural para darlles algún traballo que facer na casa.

Algúns pais non queren facer isto porque pensan que os seus fillos xa están moi ocupados cos deberes da escola.

Pero é máis probable que os nenos que axudan na casa sexan mellores estudantes porque aprenden a aceptar as responsabilidades e a cumprilas. Ademais, o libro Parenting Without Borders afirma: “Se ignoramos o desexo que teñen os noso fillos de colaborar cando son pequenos, crerán que axudar a outros non é importante [...]. Tamén collerán o costume de que llo dean todo feito”.

Como indica este comentario, os nenos que colaboran nas tarefas da casa aprenden a axudar a outras persoas e a non ser egoístas. Tamén lles axuda a darse conta de que teñen un lugar importante na familia e que teñen responsabilidades que cumprir.

Axúdalles ós teus fillos a facerse responsables dos seus erros.

PRINCIPIO BÍBLICO: “Escoita o consello e acepta a represión, para que ó remate sexas sabio” (Proverbios 19:20).

Cando os teus fillos cometan un erro resiste a tentación de ocultalo, os nenos poden aceptar as consecuencias das súas accións. Por exemplo, se rompen algo que non é seu, poderían pedir perdón e quizais reparar o dano.

Se os teus fillos comprenden que son responsables dos seus erros aprenderán o seguinte:

  • a ser honrados e admitir os seus erros

  • a non botarlles a culpa ós demais

  • a non poñer escusas

  • a pedir perdón cando sexa necesario

Un pai axuda ó seu fillo a regar unha planta

EMPEZA AGORA

Os nenos que aprenden a ser responsables toman mellores decisións cando son adultos.

Ensina co exemplo

  • Son traballador, organizado e puntual?

  • Venme os meus fillos facer tarefas da casa?

  • Recoñezo os meus erros e pido perdón se é necesario?

O que din outros pais

“Os meus fillos xa me axudaban dende ben pequenos a facer a comida. Cando dobraba a roupa, eles tamén dobraban algunha. Se limpaba, eles limpaban. Estes traballiños convertéronse en algo divertido para eles. Gustáballes estar comigo e facer o mesmo ca min. Así aprenderon a ser responsables” (Laura).

“Un día fixen que o noso fillo pequeno chamase a unha amiga da familia para desculparse por ser maleducado con ela. Desde entón tivo que desculparse máis veces por dicir cousas demasiado honestas, pero agora aprendeu a desculparse cando comete un erro sen que llo teñamos que dicir nós” (Debra).

APRENDER DOS ERROS

A profesora Jessica Lahey escribiu na revista Atlantic: “Os nenos cometen erros. Cando isto sucede, é moi importante que os pais recorden que afrontar as consecuencias dos seus erros pode ensinarlles leccións moi valiosas [...]. Ano tras ano, os meus “mellores” estudantes (os máis felices e os que tiveron éxito na vida) foron aqueles que, cando se equivocaron, afrontaron as consecuencias dos seus tropezos, e iso fíxolles ser mellores persoas”.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir