BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • g25 núm. 1 páxs. 4-5
  • Aceptemos a realidade

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Aceptemos a realidade
  • Despertade! (2025)
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • POR QUE É IMPORTANTE
  • QUE PODES FACER
  • Aumento descontrolado da inflación mundial. O que di a Biblia
    Outros temas
  • Índice
    Despertade! (2025)
  • Teñamos esperanza
    Despertade! (2025)
  • Xestionemos ben os cartos
    Despertade! (2025)
Ver máis
Despertade! (2025)
g25 núm. 1 páxs. 4-5
Serie de imaxes: 1. Unha muller escollendo un tomate nun mercado ó aire libre. 2. Ela dándolle cartos á vendedora para pagarlle a compra.

COMO FACERLLE FRONTE Á SUBIDA DOS PREZOS

Aceptemos a realidade

Pode ser que non nos deamos conta de que os prezos aumentan cando o fan pouco a pouco, sobre todo se o noso salario tamén o fai. Pero, cando os prezos se disparan e o noso salario é o mesmo, é posible que nos preocupemos e nos estresemos, sobre todo se temos unha familia que manter.

Nós non podemos facer nada para evitar que os prezos sigan subindo, pero aceptar que é unha realidade pode ser bo para nós.

POR QUE É IMPORTANTE

Ás persoas que teñen un punto de vista realista sobre o aumento dos prezos pódeselles facer máis fácil...

  • ... manter a calma. Cando estamos tranquilos, pensamos con máis claridade e tomamos mellores decisións.

  • ... evitar facer cousas que non sexan sabias. Por exemplo, sería imprudente non pagar as facturas ou gastar os cartos en cousas que non necesitamos.

  • ... non discutir coa familia sobre os cartos.

  • ... ver que facer para poder comprar as cousas necesarias. Quizais isto implique que teñamos que gastar menos e decidir que cousas son realmente necesarias.

QUE PODES FACER

Sé adaptable. En épocas nas que os prezos suben tan rápido é sabio intentar reducir os nosos gastos, se é posible. Algunhas persoas intentan ter un estilo de vida que non poden manter, pero iso é como intentar nadar a contracorrente nun río no que a auga vai moi rápido! Ó final, o único que conseguen é cansarse. Claro, se tes unha familia que manter quererás darlles o que necesiten, pero recorda o seguinte: a túa familia necesita o teu amor, tempo e atención máis que ningunha outra cousa.

“¿Quén de vosoutros, a forza de cavilar, pode engadir unha hora ao tempo da sua vida?” (Lucas 12:25, A Palabra de Deus. Evanxelios, Xosé Morente e Manuel Espiña).

“Nunca vos angustiedes polo día seguinte, porque o día seguinte terá as súas propias preocupacións. Xa chega cos problemas que hai cada día” (Mateo 6:34).

Intentar manter un estilo de vida luxoso e pouco realista é como intentar nadar a contracorrente nun río no que a auga vai moi rápido

Phazilya.

“Tal e como predixo a Biblia en 2 Timoteo 3:1, vivimos en ‘tempos críticos e difíciles de soportar’. Así que non me sorprende que haxa problemas económicos e que suban os prezos. Intento adaptarme reducindo o que gasto en cousas que non necesito realmente” (Phazilya, Acerbaixán).

    Publicacións en galego (1993-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir