BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • g25 núm. 1 páxs. 10-11
  • Esteamos contentos co que temos

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Esteamos contentos co que temos
  • Despertade! (2025)
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • POR QUE É IMPORTANTE
  • QUE PODES FACER
  • Cal é o segredo para estar satisfeitos co que temos?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • 2 | Coida da túa economía
    Despertade! (2022)
  • Índice
    Despertade! (2025)
Despertade! (2025)
g25 núm. 1 páxs. 10-11
Serie de imaxes: 1. Un pai sorrindo despois de traballar nunha obra. 2. Máis tarde, el xogando cos seus dous nenos e o seu can no exterior da súa humilde casa mentres a súa muller os mira moi feliz.

COMO FACERLLE FRONTE Á SUBIDA DOS PREZOS

Esteamos contentos co que temos

As persoas que están satisfeitas co que teñen son felices coa súa vida. E cando as súas circunstancias cambian, axustan o seu estilo de vida para non gastar máis do que poden.

POR QUE É IMPORTANTE

A psicóloga Jessica Koehler deuse conta de que as persoas que están contentas co que teñen son máis positivas e menos envexosas. Polo tanto, non nos sorprende que este tipo de persoas normalmente sexan máis felices e teñan menos estrés. De feito, algunhas das persoas máis felices non teñen moitas cousas. Isto é así especialmente entre as persoas que lles dan máis valor ás cousas que non poden ser compradas con cartos, como a felicidade que dá pasar tempo coa familia e cos amigos.

“Se temos comida e roupa, esteamos contentos con iso” (1 Timoteo 6:8).

QUE PODES FACER

Evita facer comparacións. Se comparas o que tes ti co moito que parecen ter outros, podes deixar de estar contento e incluso empezar a terlles envexa. E non só iso, a maiores esas comparacións poden non ser reais. Quizais penses que os que teñen cousas moi caras son ricos, pero en realidade algúns teñen moitas débedas. Nicole, que vive no Senegal, di: “Non necesito moitas cousas para ser feliz. Se estou satisfeita co que teño, podo estar contenta aínda que outros teñan máis ca min”.

Intenta isto: Evita ver anuncios ou publicacións nas redes sociais que mostren cantos cartos e cousas caras teñen os demais.

“Aínda que alguén teña moito, as cousas que ten non lle poden dar a vida” (Lucas 12:15).


Sé agradecido. Normalmente, as persoas agradecidas están contentas co que teñen e non pensan que necesitan ou merecen máis. Roberton, de Haití, di: “Dedico tempo a pensar nas cousas boas que fan os demais por min e pola miña familia. Despois dígolles a esas persoas canto agradezo o que fixeron. Tamén lle ensino ó meu fillo de 8 anos a dar as grazas por todo o que recibe”.

Intenta isto: Ten un diario de gratitude. Cada día anota algo polo que esteas agradecido, como por exemplo ter boa saúde, unha boa relación coa familia, amigos de verdade ou ver unha espectacular posta de Sol.

“O de corazón alegre ten arreo un banquete” (Proverbios 15:15, Sagra Biblia en Galego, Manuel Casado Nieto).

Hai momentos nos que a todos nos custa estar contentos co que temos. Pero merece a pena que nos esforcemos! Se decidimos estar satisfeitos, decidimos ser felices, e iso é algo que non se pode comprar con diñeiro.

Erik.

“Na nosa familia aprendemos a estar contentos co que temos, e iso foi unha grande axuda para nós. Como resultado, levamos un ritmo de vida máis tranquilo, podemos pasar máis tempo xuntos e desfrutamos das cousas que temos” (Erik, EEUU).

    Publicacións en galego (1993-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir