BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • sp páxs. 28-29
  • Un futuro marabilloso

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Un futuro marabilloso
  • Espíritos de defuntos. Poden axudarnos ou facernos dano? De verdade existen?
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • Os mortos volverán vivir!
  • Xesús é máis poderoso que os demos
    Aprendamos del Gran Maestro
  • Que di a Biblia sobre os anxos e os demos?
    Que nos ensina a Biblia?
  • Cal é a verdade sobre os anxos?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
Espíritos de defuntos. Poden axudarnos ou facernos dano? De verdade existen?
sp páxs. 28-29

Un futuro marabilloso

Xesús botando a Satanás no abismo.

Pronto, Satanás e os demos xa non poderán facernos mal

Satanás e os seus demos non enganarán a humanidade durante moito máis tempo. Xehová xa os expulsou do ceo (Apocalipse 12:9). E pronto, Deus volverá actuar contra eles. Nunha visión procedente de Deus, o apóstolo Xoán dixo: “Logo vin que outro anxo baixaba do ceo, coa chave do abismo e unha cadea grande na man. Con ela amarrou forte ó dragón, serpe antiga, que é Satán e Satanás, e encadeouno para mil anos. Botouno no abismo e pechou e púxolle selo á pechadura diante do dragón para que xa non extravíe máis as nacións ata que se cumpran os mil anos” (Apocalipse 20:1-3). Máis tarde, Satanás e os seus demos serán destruídos para sempre (Apocalipse 20:10).

Tamén se eliminará a xente mala da Terra (Salmo 37:9, 10; Lucas 13:5).

Os mortos volverán vivir!

Persoas dándolles a benvida ós resucitados na terra feita un paraíso.

Os mortos resucitarán na Terra

Despois de quitar do medio a Satanás e os demos, Xehová traerá moitas bendicións á humanidade. Lembra que os mortos non están vivindo en ningún outro lugar. Xesús comparou a morte a estar profundamente durmido, pero sen ter soños (Xoán 11:11-14). Fixo iso porque sabía que viría o tempo no que os que estivesen durmidos na morte resucitarían. Dixo: “Chega o momento en que tódolos que están nos sepulcros [...] sairán” (Xoán 5:28, 29; comparar con Feitos 24:15).

Resucitarán aquí na Terra. En lugar dos anuncios que se fan hoxe sobre persoas que morreron, haberá informes moi alegres que anunciarán quen resucitou. Que contentos estaremos cando lles deamos a benvida ós nosos seres queridos que volvan da morte!

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir