BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • bt cap. 14 páxs. 108-115
  • “Decidimos de maneira unánime”

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • “Decidimos de maneira unánime”
  • Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • “De acordo co que escribiron os Profetas” (Feitos 15:13-21)
  • “Decidiron escoller algúns homes” (Feitos 15:22-29)
  • “Puxéronse moi contentos polo ánimo que recibiron” (Feitos 15:30-35)
  • Como traballa hoxe en día o Consello Reitor?
    Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?
  • “Despois de moito discutir”
    Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
  • O papel do “criado fiel e prudente”
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Que é o Consello Reitor das Testemuñas de Xehová?
    Preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová
Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
bt cap. 14 páxs. 108-115

CAPÍTULO 14

“Decidimos de maneira unánime”

O consello reitor toma unha decisión importante que contribúe á unidade da congregación.

Baseado en Feitos 15:13-35

1, 2. a) Que preguntas importantes tiña que responder o consello reitor do primeiro século? b) Con que axuda contaban para tomar a decisión correcta?

A EXPECTACIÓN enche o cuarto onde están reunidos os apóstolos e os anciáns de Xerusalén. Conscientes de que están a punto de tomar unha decisión histórica, míranse uns ós outros. O asunto da circuncisión fai xurdir preguntas importantes: Deben obedecer os cristiáns a Lei mosaica? Fai Xehová distinción entre cristiáns xudeus e xentís?

2 Estes homes analizaron tódalas probas. Repasaron as profecías bíblicas e o testemuño dos que viran en primeira persoa como Xehová está bendicindo os cristiáns xentís. Despois de expresar todo o que sabían sobre o asunto, tiñan a información que necesitaban para tomar unha decisión. O espírito de Xehová indicoulles claramente cal era o camiño. Seguirían estes homes a súa dirección?

3. Que podemos aprender ó analizar o relato do capítulo 15 de Feitos?

3 Facía falta moita fe e valor para aceptar a guía que o espírito santo lles estaba dando. A decisión que tomasen podía facer que os líderes relixiosos xudeus os odiasen aínda máis. E algúns irmáns da congregación que querían que os cristiáns seguisen obedecendo a Lei mosaica poderían rechazar esa decisión. Entón, que faría o consello reitor? Neste capítulo responderemos esta pregunta e veremos como estes homes puxeron o modelo que segue o Consello Reitor das Testemuñas de Xehová na actualidade. Por outro lado, tamén veremos como podemos seguir este modelo cada un de nós cando temos que tomar decisións ou nos enfrontamos a algún problema.

“De acordo co que escribiron os Profetas” (Feitos 15:13-21)

4, 5. De que profecía citou Santiago?

4 O discípulo Santiago, o medio irmán de Xesús, empeza a falar.a Polo visto nesta ocasión é el quen preside a reunión. O que di a continuación parece recoller o sentir de todo o grupo: “Simeón contounos con todo detalle como foi a primeira vez que Deus se fixou nas nacións para sacar de entre elas un pobo para o seu nome. Isto está de acordo co que escribiron os Profetas” (Feit. 15:14, 15).

5 O discurso de Simeón —é dicir, Simón Pedro— e as probas que deron Bernabé e Paulo probablemente lle fan recordar a Santiago algúns textos importantes que aclaran o tema que están tratando (Xoán 14:26). Despois de dicir que “isto está de acordo co que escribiron os Profetas”, Santiago cita as palabras de Amós 9:11, 12. Este libro formaba parte das Escrituras Hebreas, comunmente chamadas “os Profetas” (Mat. 22:40; Feit. 15:16-18). Fíxate en que as palabras citadas por Santiago son un pouco diferentes das que encontramos na actualidade no libro de Amós. É probable que Santiago estea citando da Septuaxinta, unha tradución ó grego das Escrituras Hebreas.

6. Como lles axudaron as Escrituras ós irmáns a saber cal era a vontade de Deus?

6 Por medio do profeta Amós, Xehová predixo que chegaría o tempo no que restauraría “a tenda derrubada de David”, é dicir, a liñaxe real que conduciría ó Reino Mesiánico (Ezeq. 21:31, 32 [21:26, 27, TNM]). Volvería Xehová outra vez a tratar exclusivamente coa nación de Israel? Non. A profecía engade que se reuniría a “xente de tódalas nacións” e que se lles chamaría polo nome de Xehová. Pedro acaba de explicar que Deus “non fixo ningunha diferenza entre eles [os xentís] e nós [os cristiáns xudeus]. En vez diso, purificou os seus corazóns pola fe que tiñan” (Feit. 15:9). Polo tanto, a vontade de Deus é que tanto xudeus coma xentís cheguen a ser herdeiros do Reino (Rom. 8:17; Ef. 2:17-19). Ningunha destas profecías inspiradas dá a entender que os xentís teñan que circuncidarse ou chegar a ser prosélitos.

7, 8. a) Que propuxo Santiago? b) Estaba Santiago intentando impoñer o seu punto de vista?

7 As probas proféticas e os testemuños de Pedro, Bernabé e Paulo son tan claros que Santiago di: “Por iso, eu opino que non hai que poñerlle obstáculos á xente das nacións que quere servir a Deus. En vez diso, hai que escribirlles que se absteñan de cousas contaminadas polos ídolos, de inmoralidade sexual, de animais estrangulados e de sangue. Porque desde tempos antigos houbo persoas que predicaron sobre Moisés en cada cidade. De feito, as cousas que el escribiu lense tódolos sábados en voz alta nas sinagogas” (Feit. 15:19-21).

8 Estaba Santiago abusando da autoridade que tiña, quizais como presidente da reunión, e decidindo por el mesmo o que se debía facer? Para nada! Ó dicir “eu opino” Santiago non estaba intentando impoñer o seu punto de vista sobre todo o grupo. El simplemente estaba dando unha suxestión baseándose nas probas que escoitaran ese día e no que dicían as Escrituras sobre ese tema.

9. Por que era boa a proposta de Santiago?

9 Era boa a proposta de Santiago? Está claro que si pois os apóstolos e os anciáns aprobárona. Por un lado, a súa recomendación non era un obstáculo para os cristiáns xentís porque non tiñan que obedecer os mandamentos da Lei mosaica (Feit. 15:19). Por outra parte, mostraba respecto pola conciencia dos cristiáns xudeus que levaban moitos anos escoitando tódolos sábados nas sinagogas as cousas que Moisés escribira (Feit. 15:21).b Aquela decisión tamén axudaría a que xudeus e xentís estivesen máis unidos. Pero o máis importante de todo era que lle agradaba a Xehová porque estaba de acordo co seu propósito. Que boa forma de solucionar un problema que ameazaba a paz e a unidade de toda a congregación! E que bo exemplo para a congregación cristiá da actualidade!

Albert Schroeder discursando en 1998 nun congreso internacional.

10. Como segue o Consello Reitor da actualidade o exemplo do consello reitor do primeiro século?

10 Como se mencionou no capítulo anterior, o Consello Reitor das Testemuñas de Xehová da actualidade busca a guía de Xehová —o Soberano Universal— e de Xesucristo —Cabeza da congregación— antes de decidir sobre calquera tema, igual que fixeron os apóstolos e os anciáns do primeiro século (1 Cor. 11:3).c Como o fan? Albert Schroeder, que serviu no Consello Reitor dende 1974 ata que terminou a súa vida na Terra en marzo do 2006, explicou: “O Consello Reitor reúnese os mércores. Estas reunións comezan cunha oración na que se lle pide a Xehová a guía do seu espírito. Faise un esforzo moi grande para que tódolos asuntos que se tratan e tódalas decisións que se toman estean en harmonía coa Palabra de Deus, a Biblia”. Do mesmo xeito, Milton Henschel, un irmán que serviu moitos anos no Consello Reitor e que finalizou a súa vida na Terra en marzo do 2003, fíxolles unha pregunta moi importante ós estudantes da clase 101 do Curso Bíblico de Galaad da Watchtower durante a súa graduación: “Hai algunha outra organización na Terra que teña un consello reitor que consulte a Palabra de Deus, a Biblia, antes de tomar decisións importantes?”. A resposta é obvia.

“Decidiron escoller algúns homes” (Feitos 15:22-29)

11. Como se comunicou a decisión do consello reitor ás congregacións?

11 O consello reitor en Xerusalén chegou a unha conclusión unánime sobre o tema da circuncisión. Agora, esa decisión tiña que comunicarse de forma clara, positiva e animadora para que os irmáns das congregacións se mantivesen unidos. Cal era a mellor maneira de facelo? O relato explica: “Os apóstolos e os anciáns, xunto con toda a congregación, decidiron escoller algúns homes de entre eles e mandalos a Antioquía con Paulo e Bernabé. Enviaron a Xudas, a quen tamén lle chamaban Barsabás, e a Silas, que eran homes con grandes responsabilidades entre os irmáns”. Ademais, prepararon unha carta e enviárona a través destes homes para que se lese en tódalas congregacións de Antioquía, Siria e Cilicia (Feit. 15:22-26).

12, 13. a) Por que foi bo que o consello reitor enviase a Xudas e a Silas? b) Por que foi bo que o consello reitor enviase tamén unha carta?

12 Xudas e Silas eran “homes con grandes responsabilidades” que estaban cualificados para actuar como representantes do consello reitor. Xunto con Paulo e Bernabé, deixarían claro que a mensaxe que levaban non era só a resposta ó tema da circuncisión, tamén incluía instrucións novas do consello reitor. A presenza destes homes escollidos axudaría a que os cristiáns xentís estivesen máis unidos ós cristiáns xudeus de Xerusalén. Enviar estes homes foi unha decisión sabia e amorosa que, sen dúbida, promoveu a paz e a unidade entre o pobo de Deus.

COMO ESTÁ ORGANIZADO O CONSELLO REITOR NA ACTUALIDADE

Igual que os cristiáns do primeiro século, as testemuñas de Xehová da actualidade están dirixidas por un consello reitor. Este grupo de homes leais nomeados por espírito santo reúnese tódalas semanas. Os seus membros están organizados en seis comités, no que cada un ten as súas propias responsabilidades.

  • O Comité de Coordinadores supervisa os asuntos legais e o uso dos medios de comunicación cando é necesario transmitir de forma exacta información sobre as nosas crenzas. Tamén actúa cando hai desastres, persecución e outras emerxencias que lles afectan ás testemuñas de Xehová en calquera parte do mundo.

  • O Comité de Ensino supervisa a información bíblica que se dá nos congresos e nas reunións de congregación, así como os audios e os vídeos. Prepara os programas para o Curso de Galaad, o Curso para Pioneiros e outros cursos bíblicos, e tamén os programas espirituais que reciben os voluntarios que serven nas sucursais.

  • O Comité de Persoal coida do benestar espiritual e persoal de tódolos betelitas que serven nas diferentes sucursais do mundo. Ademais, tamén se encarga de aprobar as invitacións que se lles fan ós irmáns para que comecen a servir en Betel.

  • O Comité de Publicación supervisa a edición, impresión e envío das publicacións bíblicas, así como as imprentas e as propiedades que posúen e xestionan as diferentes corporacións das Testemuñas de Xehová. Tamén supervisa a construción de sucursais, Salóns do Reino e Salóns de Congresos. E ademais encárgase do uso que se lles dá ás doazóns.

  • O Comité de Redacción supervisa a preparación do alimento espiritual que reciben os irmáns e o público en xeral. Tamén responde preguntas bíblicas, supervisa os departamentos de tradución de todo o mundo e aproba os guións das producións audiovisuais e os bosquexos dos discursos.

  • O Comité de Servizo supervisa a obra de predicar e calquera asunto que teña que ver cos anciáns, superintendentes de circuíto, pioneiros e misioneiros. Este comité tamén invita e nomea os estudantes do Curso de Galaad co obxectivo de fortalecer as congregacións das diferentes partes do mundo.

O Consello Reitor confía na guía que dá Deus a través do seu espírito santo. Os seus membros non se consideran líderes do pobo de Xehová. Máis ben, igual que os demais cristiáns unxidos da Terra, eles “acompañan o Año [Xesucristo] a onde el vaia” (Apoc. 14:4).

13 A carta contiña instrucións claras para os cristiáns xentís. Ademais de falar do tema da circuncisión, tamén explicaba o que debían facer para recibir a bendición e o favor de Xehová. A parte máis importante da carta dicía: “Mediante o espírito santo chegamos á conclusión de non impoñervos máis cargas, excepto estas cousas necesarias: que vos absteñades de cousas sacrificadas a ídolos, de sangue, de animais estrangulados e de inmoralidade sexual. Se evitades por completo estas cousas, iravos ben. Recibide os nosos saúdos!” (Feit. 15:28, 29).

14. Como é posible que o pobo de Deus estea tan unido nun mundo tan dividido?

14 Na actualidade, as Testemuñas de Xehová desfrutamos de verdadeira unidade. Aínda que somos máis de oito millóns e servimos en máis de cen mil congregacións por todo o mundo, temos as mesmas crenzas e participamos na mesma obra. Por que é posible manter esta unidade nun mundo tan axitado e dividido? Principalmente, porque contamos coa clara dirección que dá Xesús como Cabeza da congregación a través do “escravo fiel e prudente”, é dicir, o Consello Reitor (Mat. 24:45-47). Ademais, esta unidade tamén é resultado de que a irmandade mundial apoie de boa gana a dirección que dá o Consello Reitor.

“Puxéronse moi contentos polo ánimo que recibiron” (Feitos 15:30-35)

15, 16. Como reaccionaron as congregacións á dirección do consello reitor, e por que?

15 O relato de Feitos continúa explicando que, cando aquel grupo de irmáns chegou a Antioquía, “xuntaron a tódolos discípulos e entregáronlles a carta”. Como reaccionaron os irmáns á dirección do consello reitor? Cando leron a carta “puxéronse moi contentos polo ánimo que recibiron” (Feit. 15:30, 31). Ademais, Xudas e Silas “animaron e fortaleceron os irmáns con moitos discursos”. Como estes dous homes daban a coñecer a vontade de Deus, eran coñecidos como “profetas”, igual que Bernabé, Paulo e outros (Feit. 13:1; 15:32; Éx. 7:1, 2).

16 Está claro que Xehová bendiciu a decisión do consello reitor pois tódalas congregacións saíron fortalecidas. Por que se conseguiron tan bos resultados? Sen dúbida, foi grazas a que o consello reitor deu instrucións claras e xusto no momento oportuno. Ademais, estaban baseadas na Palabra de Deus e na guía que dera o espírito santo. A forma tan amorosa e persoal de comunicarlles a súa decisión ás congregacións tamén contribuíu a eses bos resultados.

17. En que se parecen os superintendentes de circuíto a Paulo, Bernabé, Xudas e Silas?

17 O Consello Reitor das Testemuñas de Xehová da actualidade segue este mesmo modelo e dá instrucións a tódalas congregacións xusto no momento oportuno. Cando se toma unha decisión, comunícase de forma clara e directa. Ás veces o Consello Reitor utiliza os superintendentes de circuíto para comunicar estas decisións. Estes irmáns abnegados viaxan dunha congregación a outra transmitindo as instrucións de forma clara e animando con cariño os irmáns. Igual que Paulo e Bernabé, dedican moito tempo ó ministerio “ensinando e predicando con moitos outros as boas noticias da palabra de Xehová” (Feit. 15:35). E, como Xudas e Silas, animan e fortalecen “os irmáns con moitos discursos”.

18. Que debe facer o pobo de Deus para seguir contando coa súa bendición?

18 Que fai posible que tódalas congregacións sigan desfrutando de paz e unidade nun mundo tan dividido? Recorda o que escribiu máis tarde o discípulo Santiago: “A sabedoría de arriba é en primeiro lugar pura, logo é pacífica e razoable, está lista para obedecer […]. Ademais, o froito da xustiza seméntase en condicións pacíficas para os que fomentan a paz” (Sant. 3:17, 18, TNM). Non sabemos se Santiago estaba pensando na reunión de Xerusalén cando escribiu estas palabras. Pero, despois de analizar os acontecementos que se rexistran no capítulo 15 de Feitos, queda claro que só podemos contar coa bendición de Xehová se estamos unidos e cooperamos cos que nos dirixen.

19, 20. a) Como sabemos que a congregación de Antioquía recuperou a paz e a unidade? b) En que puideron centrarse Paulo e Bernabé despois de solucionarse o tema da circuncisión?

19 Despois de recibir as instrucións do consello reitor, a congregación de Antioquía recuperou a paz e a unidade. En vez de discutir cos irmáns de Xerusalén, agradeceron moito a visita de Xudas e Silas. O relato di: “Despois de pasar un tempo alí, os irmáns desexáronlles que tivesen boa viaxe e eles volveron a Xerusalén” (Feit. 15:33).d Podemos estar seguros de que os irmáns de Xerusalén tamén se alegraron moito cando Xudas e Silas lles contaron todo o que pasara na súa viaxe. Grazas á bondade inmerecida de Xehová todo saíu moi ben.

20 Despois de solucionarse o tema da circuncisión, Paulo e Bernabé quedaron en Antioquía. Así podían centrar tódolos seus esforzos en dirixir a obra de predicar, igual que fan os superintendentes de circuíto na actualidade cando visitan as congregacións (Feit. 13:2, 3). Sen dúbida, estes irmáns son unha bendición para o pobo de Deus! No seguinte capítulo veremos como seguiu usando e bendicindo Xehová estes dous evanxelizadores tan entusiastas.

Unha nai coa súa filla nun congreso mirando o volume 2 do libro “Lo que los jóvenes preguntan. Respuestas prácticas”.

Os cristiáns da actualidade beneficiámonos moito da instrución que nos dan o Consello Reitor e os seus representantes.

SANTIAGO, O IRMÁN DO SEÑOR

Santiago era fillo de Xosé e María. Cando se fala dos medio irmáns de Xesús, sempre aparece de primeiro (Mat. 13:54, 55). Iso significa que probablemente fose o segundo fillo de María. Santiago creceu con Xesús, viuno predicar e sabía que facía “milagres”, aínda que non sabemos se presenciou algún deles. Durante o ministerio de Xesús, nin Santiago “nin seus irmáns crían nel” (Xoán 7:5). É probable que Santiago estivese de acordo con algúns parentes de Xesús que dicían “que perdera o sentido” (Mar. 3:21).

Santiago lendo dun rolo.

Pero todo cambiou coa morte e resurrección de Xesús. A Biblia explica que Xesús se lle apareceu a Santiago nalgún momento durante os corenta días despois de resucitar (1 Cor. 15:7). Todo parece indicar que este Santiago era o seu medio irmán, aínda que nas Escrituras Gregas se fala doutros tres homes que tamén se chamaban así. É probable que esta experiencia axudase a Santiago a entender que o seu irmán maior era o Mesías. En calquera caso, menos de dez días despois de que Xesús ascendese ó ceo, Santiago, a súa nai e os seus irmáns reuníanse xunto cos apóstolos nun cuarto de arriba (Feit. 1:13, 14).

Co tempo, Santiago chegou a ser un irmán moi respectado da congregación de Xerusalén. Parece ser que o consideraban un apóstolo ou enviado desa congregación (Gál. 1:18, 19). Isto quedou claro cando o apóstolo Pedro lles dixo ós discípulos despois de ser liberado milagrosamente da prisión: “Contádelles estas cousas a Santiago e ós demais irmáns” (Feit. 12:12, 17). Cando “os apóstolos e os anciáns” de Xerusalén trataron o asunto da circuncisión, parece que era Santiago quen presidía a reunión (Feit. 15:6-21). E nunha das súas cartas o apóstolo Paulo dixo que Santiago, xunto con Pedro e Xoán, eran “os pilares” da congregación de Xerusalén (Gál. 2:9). Anos máis tarde, cando Paulo volveu a Xerusalén da súa terceira viaxe misional, foi a informar a Santiago, “e tamén estaban alí tódolos anciáns” (Feit. 21:17-19).

En Gálatas, Paulo chamoulle “o irmán do Señor”, e todo indica que foi este Santiago quen escribiu a carta inspirada que leva o seu nome (Gál. 1:19, Novo Testamento, Wycliffe Asociados [NTWA]). Aínda así, nela identifícase humildemente como “servidor de Deus e do Señor Xesús Cristo”, e non como apóstolo nin como irmán de Xesús (Sant. 1:1). Nesta carta móstrase que Santiago, igual que Xesús, observou de cerca a natureza e a forma de actuar das persoas. Para axudar a entender as verdades espirituais, mencionou exemplos da natureza como: o sol, as estrelas, as flores, os animais, as ondas do mar e os incendios (Sant. 1:6, 11, 17; 3:5, 7). Por outro lado, está claro que Xehová lle axudou a entender ben a forma de pensar e actuar das persoas. Por iso os seus consellos son tan útiles e ensínannos o que podemos facer para levarnos ben cos demais (Sant. 1:19, 20; 3:2, 8-18).

As palabras de Paulo rexistradas en 1 Corintios 9:5 dan a entender que Santiago estaba casado. A Biblia non di nada sobre cando e como morreu. En todo caso, o historiador xudeu Xosefo escribiu que pouco despois da morte do gobernador romano Porcio Festo, sobre o ano 62, e antes de que o seu sucesor, Albino, tomase posesión do seu cargo, o sumo sacerdote Anán (Ananías) “reuniu os xuíces do Sanedrín e trouxo ante eles un home chamado Santiago, o irmán de Xesús o que chamaron o Cristo, e algúns outros”. De acordo con Xosefo, Ananías “acusounos de transgredir a Lei e condenounos a morrer apedrados”.e

e Josephus: Jewish Antiquities, Book XX, traducido por Louis Feldman, Harvard University Press (Cambridge, Massachusetts and London England. 1965, Reprint 1993).

a Mira o recadro “Santiago, o irmán do Señor”.

b Santiago fixo moi ben ó referirse ós escritos de Moisés. Estes non só incluían a Lei mosaica senón tamén relatos que mostraban cal era a vontade de Deus para a humanidade, incluso antes de que esta lei existise. Por exemplo, na Xénese explícase o punto de vista de Deus sobre o sangue, o adulterio e a idolatría (Xén. 9:3, 4; 20:2-9; 35:2, 4). Polo tanto, Xehová deu estes principios para que todos os obedecesen, fosen xudeus ou xentís.

c Mira o recadro “Como está organizado o Consello Reitor na actualidade”.

d Algunhas traducións da Biblia din en Feitos 15:34 que Silas decidiu quedar en Antioquía. Este é o caso de O Novo Testamento de Avelino Gómez Ledo. Pero parece que estas palabras non aparecían no texto orixinal e engadíronse despois nalgúns manuscritos antigos.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir