BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • T-35 páxs. 1-4
  • Volverá vivir quen morreu?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Volverá vivir quen morreu?
  • Volverá a vivir quen morreu?
  • Información relacionada
  • Que pensas do futuro?
    Que pensas do futuro?
  • Acabará algún día o sufrimento?
    Acabará algún día o sufrimento?
  • Quen controla o mundo?
    Quen controla o mundo?
  • Que é o Reino de Deus?
    Que é o Reino de Deus?
Ver máis
Volverá a vivir quen morreu?
T-35 páxs. 1-4
Uns pais miran fotografías da súa filliña falecida

Volverá vivir quen morreu?

Dirías que . . .

  • si?

  • non?

  • pode ser?

O QUE DI A BIBLIA

“Haberá resurrección.” (Feitos 24:15, A Biblia, SEPT)

QUE PODERÍA SIGNIFICAR ISTO PARA TI?

Atopar acougo cando un dos nosos morre (2 Corintios 1:3, 4)

Quedar libre do medo á morte (Hebreos 2:15)

Ter a esperanza de volver estar con aqueles que perdemos na morte (Xoán 5:28, 29)

A esperanza da resurrección dá acougo a unha familia e a unha viúva

PODEMOS CONFIAR NO QUE DI A BIBLIA?

Si, algunhas das razóns son:

  • Deus creou a vida. A Biblia di que Xehová é “a fonte da vida” (Salmo 36:10; Feitos 17:24, 25). Se lle deu a vida a todo o que existe, non pensas que poderá devolverlla a quen a perdeu?

  • Deus xa resucitou varias persoas no pasado. A Biblia fala de oito persoas que Deus trouxo de novo á vida na terra; entre elas había mozos e vellos, homes e mulleres. Algúns levaban pouco tempo mortos, pero a un deles xa había catro días que o enterraran (Xoán 11:39-44).

  • Deus desexa facelo de novo. Xehová odia a morte e vea coma un inimigo (1 Corintios 15:26). De feito ten un profundo desexo de vencela, e así reparar os seus estragos mediante a resurrección. Ten “saudade” daqueles que garda na Súa memoria, e quere traelos de volta á vida na terra (Xob 14:14, 15).

PENSA NISTO

Un neniño faise vello

Por que nos facemos vellos e morremos?

Atoparás a resposta en XÉNESE 3:17-19 e ROMANOS 5:12.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir