BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • yc lección 10 páxs. 22-23
  • Xesús sempre foi obediente

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Xesús sempre foi obediente
  • Aprendamos da Biblia en familia
  • Información relacionada
  • A adolescencia de Xesús
    Aprendamos das historias da Biblia
Aprendamos da Biblia en familia
yc lección 10 páxs. 22-23
Xosé e María atopan a Xesús no templo

LECCIÓN 10

Xesús sempre foi obediente

Pensas que é fácil obedecer sempre a teus pais?— Ás veces é un pouquiño difícil. Sabías que Xesús sempre obedecía a Xehová e tamén a seus pais?— O seu exemplo pode axudarche a ser obediente, ata cando non che sexa fácil. Imos aprender do exemplo de Xesús.

Antes de vir á terra, Xesús vivía no ceo con seu Pai, Xehová. Xesús tamén tiña pais aquí na terra. Chamábanse Xosé e María. Sabes como chegaron a ser pais de Xesús?—

Xehová colleu a vida de Xesús, que estaba no ceo, e púxoa dentro de María. Así Xesús podería nacer e vivir na terra. Isto foi un milagre! Xesús foi crecendo dentro da barriga de María, igual que tódolos bebés crecen dentro das súas nais. Uns nove meses despois, naceu Xesús. E así foi como María e o seu home, Xosé, foron os pais de Xesús.

Cando Xesús tiña só doce anos, fixo unha cousa que demostrou que lle quería moito ó seu Pai, Xehová. Foi cando Xesús e maila súa familia fixeron unha viaxe moi longa a Xerusalén para ir á festa da Pascua. Cando xa volvían para casa, Xosé e máis María non daban atopado a Xesús por ningures. Sabes onde estaba?—

Lembras por que Xesús estaba no templo?

María e mais Xosé volveron ás carreiras a Xerusalén, e alí buscaron a Xesús por todas partes. Como non o atopaban, estaban moi preocupados. Por fin, tres días despois deron con el. Estaba no templo! Sabes por que Xesús estaba no templo?— Porque alí podía aprender acerca do seu Pai, Xehová. Como Xesús quería tanto a Xehová, gustáballe moito aprender como facelo feliz. Xesús seguiu obedecendo a Xehová cando creceu e se fixo maior. Fíxoo incluso cando lle foi difícil e tivo que sufrir. Obedecería tamén a Xosé e María?— Tamén, así o di a Biblia.

Que aprendiches do exemplo de Xesús?— Que deberías obedecer os teus pais, incluso cando che custe. Valo facer?—

MÍRAO NA TÚA BIBLIA

  • Lucas 1:30-35; 2:45-52

  • Efesios 6:1

  • Hebreos 5:8

PREGUNTAS:

  • Sabes como Xosé e mais María chegaron a ser os pais de Xesús na terra?

  • Onde atoparon a Xesús os seus pais despois de buscalo por Xerusalén?

  • Que podes aprender do exemplo de Xesús?

    Publicacións en galego (1993-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir