BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • hf sección 5 partes 1-2
  • Como levarse ben cos sogros?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como levarse ben cos sogros?
  • A túa familia pode ser feliz
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • 1 O PUNTO DE VISTA AXEITADO SOBRE OS SOGROS
  • 2 CANDO SER FIRME?
  • Sé fiel ó teu cónxuxe
    A túa familia pode ser feliz
  • Conta con Deus para ser feliz no teu matrimonio
    A túa familia pode ser feliz
  • Como ter un matrimonio feliz
    Continúa no amor de Deus
  • Como resolver os problemas?
    A túa familia pode ser feliz
A túa familia pode ser feliz
hf sección 5 partes 1-2
Unha sogra á que se lle nota que non lle gusta como cociña a nora

SECCIÓN 5

Como levarse ben cos sogros?

“Revestídevos [...] de bondade, de humildade, de sinxeleza, de tolerancia” (Colosenses 3:12)

Cando casas, formas unha nova familia. Aínda que seguirás querendo e respectando ós teus pais, a túa parella é agora a persoa máis importante do mundo para ti. Poida que a algúns da túa familia lles custe aceptar este feito. Pero os principios bíblicos pódenche axudar a atopar o equilibro para estar a ben cos teus familiares, ó mesmo tempo que te segues a preocupar da túa propia familia.

1 O PUNTO DE VISTA AXEITADO SOBRE OS SOGROS

Unha parella que pasa tempo cos pais

QUE DI A BIBLIA? “Honra a teu pai e a túa nai” (Efesios 6:2). Sen importar a idade que teñas, sempre será necesario que honres e respectes ós teus pais. Pois pensa que a túa parella, como fillo ou filla que é, tamén ten que lles prestar atención ós seus. “O amor non ten envexa”, así que non tes por que ver como unha ameaza a relación do teu cónxuxe cos seus pais (1 Corintios 13:4; Gálatas 5:26).

QUE PODES FACER?

  • Evita dicir frases como ‘Os teus pais sempre me están menosprezando’ ou ‘Para a túa nai, todo o que fago está mal’.

  • Intenta ver o asunto desde o punto de vista da túa parella.

2 CANDO SER FIRME?

QUE DI A BIBLIA? “Deixa o home seu pai e súa nai para xuntarse coa súa muller e faceren un mesmo corpo” (Xénese 2:24). Despois de casar, poida que os teus pais aínda pensen que teñen que coidar de ti, e quizais se metan no teu matrimonio algo máis do que deberían.

Ti e maila túa parella tedes que estar de acordo nos límites que lles ides fixar e, de forma agarimosa, explicárllelos. Podedes ser claros sen ser desagradables (Proverbios 15:1). Calidades como a humildade, a amabilidade e a paciencia axudarante a manter unha relación cariñosa cos teus sogros e a ‘aturarvos uns a outros con amor’ (Efesios 4:2).

Un marido e unha muller falando dun tema; un marido é unha muller facéndolles un agasallo ós seus pais

QUE PODES FACER?

  • Se te preocupa canto se meten na túa vida os teus sogros, fala coa túa parella nun momento no que esteades tranquilos.

  • Chegade a un acordo sobre o xeito en que trataredes estes asuntos.

INTENTA COMPRENDELOS

Esfórzate por entender os sentimentos e o punto de vista dos teus pais. Non vos queren facer mal ningún; só se preocupan por vós. Poida que lles custe vervos como unha familia independente. Mesmo poderían sentirse sós. Pero se pos en práctica os principios bíblicos e tes unha boa comunicación con eles, serás capaz de honrar ós teus pais sen prexudicar o teu matrimonio.

PREGÚNTATE:

  • Por que é normal que os meus sogros se interesen no noso matrimonio?

  • Como podo poñer en primeiro lugar á miña parella sen deixar de respectar ós meus pais?

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir