BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 6 páx. 20-páx. 21 par. 5
  • Oito persoas sobreviven ó Diluvio

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Oito persoas sobreviven ó Diluvio
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • A arca de Noé
    Aprendamos das historias da Biblia
  • O Diluvio. Quen escoitou e quen non?
    Escoita a Deus e vivirás para sempre
  • A historia de Noé e o Diluvio. É só un mito?
    Preguntas sobre a Biblia
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 6 páx. 20-páx. 21 par. 5
A arca flotando mentres segue a chover

CAPÍTULO 6

Oito persoas sobreviven ó Diluvio

Noé, a súa familia e mailos animais saíndo da arca

Noé, a súa familia e mailos animais entraron na arca. Entón, Xehová pechou a porta e comezou a chover sen parar! Choveu tanto que a arca comezou a flotar. Segundo pasaban os días, toda a terra foise cubrindo de auga. Noé e a súa familia estaban a salvo, pero tódalas persoas malas que estaban fóra da arca morreron. Imaxinas o contentos que se puxeron por obedecer a Xehová?

Choveu a mares durante corenta días e corenta noites. Entón parou e o nivel da auga foi baixando. A arca quedou pousada nunha montaña, pero fóra aínda había moitísima auga. Por iso, Noé e maila súa familia non podían saír.

Pouco a pouco, a auga desapareceu de todo. En total, Noé e maila súa familia botaron máis dun ano dentro da arca! Entón, chegou o día no que Xehová lles dixo que podían saír. Fóra xa non había xente mala. Estábanlle tan agradecidos a Xehová porque os salvara que lle fixeron unha ofrenda.

O arco da vella

A Xehová gustoulle moito aquela ofrenda, e prometeu que nunca máis mandaría un diluvio para acabar coa vida na terra. Como símbolo desta promesa, fixo aparecer no ceo un arco da vella, ou arco iris. Viches algunha vez un arco da vella?

Despois, Xehová mandoulles que tivesen fillos para encher a terra.

“Noé entrou na arca; e de nada se decataron ata que veu o diluvio, e os enguliu a todos” (Mateo 24:38, 39)

Preguntas. Que pasou en canto Xehová pechou a porta da arca? Que nos recorda o arco da vella?

Xénese 7:1–9:17

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir