BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 97 páx. 226-páx. 227 par. 2
  • Cornelio recibe espírito santo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Cornelio recibe espírito santo
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • “Deus trata igual a tódalas persoas”
    Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
  • Sigue loitando, igual ca Pedro
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 97 páx. 226-páx. 227 par. 2
Cornelio recibindo a Pedro na súa casa

CAPÍTULO 97

Cornelio recibe espírito santo

En Cesarea, había un oficial do exército romano moi importante chamado Cornelio. Aínda que era xentil, ou non xudeu, os xudeus respectábano. Era xeneroso e axudaba a xente pobre. Cría en Xehová e oráballe moito. Un día, aparecéuselle un anxo que lle dixo: “Deus escoitou as túas oracións. Manda os teus homes onda Pedro e que lle pidan que veña. Está na cidade de Iope”. Decontado, Cornelio mandou tres homes a Iope, que estaba a uns cincuenta quilómetros.

Namentres, en Iope, Pedro tivo una visión. Viu uns animais que os xudeus tiñan prohibido comer, e escoitou unha voz que lle mandaba comelos. Pero el non quixo, e respondeu: “Non comín un animal impuro na vida”. A voz contestoulle: “Non chames impuros ós animais que agora Deus di que son puros”. Tamén lle dixo: “Hai tres homes na porta. Vai con eles”. Pedro foi á porta e preguntoulles ós homes por que estaban alí. Eles responderon: “Enviounos Cornelio, un oficial do exército romano. Quere que veñas á súa casa en Cesarea”. Pedro invitounos a pasar alí a noite. O día seguinte, el mais algúns irmáns de Iope marcharon para Cesarea cos homes de Cornelio.

Cando viu a Pedro, Cornelio inclinouse ante el. Pedro díxolle: “Érguete! Eu son un home coma ti. Deus mandoume vir á túa casa, aínda que os xudeus non entran nas casas dos xentís. Agora, por favor, cóntame por que me fuches buscar”.

Cornelio respondeulle: “Hai catro días, estaba orando a Deus e un anxo díxome que te fose buscar. Por favor, ensínanos a palabra de Xehová”. Pedro contestoulle: “Aprendín que Deus non é parcial. El acepta a calquera que queira adoralo”. Despois, ensinoulles moitas cousas sobre Xesús. Entón, Cornelio e tódolos que estaban con el recibiron espírito santo e bautizáronse.

Deus “acepta ó que lle é fiel e practica a xustiza, sexa da nación que sexa” (Feitos 10:35)

Preguntas. Por que Pedro non quería comer animais impuros? Por que Xehová lle mandou ir a Pedro á casa dun xentil?

Feitos 10:1-48

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir