CANCIÓN 34
Seguirei no camiño da integridade
(Salmo 26)
1. Querido Pai, estou de pé ante ti,
observa, por favor, o máis profundo en min.
Refina os meus desexos e accións,
pois quero recibir a túa aprobación.
(REFRÁN)
Confío en ti, por sempre te amarei,
e toda a vida, Pai, eu fiel camiñarei!
2. Non ando con quen odia as túas leis,
cos mentireiros eu xamais me xuntarei.
Ó teu carón desexo sempre estar,
ben sei que dos leais ti non te esquecerás.
(REFRÁN)
Confío en ti, por sempre te amarei,
e toda a vida, Pai, eu fiel camiñarei!
3. As túas leis son vida para min.
Contarme entre os teus, que ben me fai sentir!
De corazón me entrego a ti, Xehová,
a integridade sei que recompensarás.
(REFRÁN)
Confío en ti, por sempre te amarei,
e toda a vida, Pai, eu fiel camiñarei!
(Ver tamén Sal. 25:2.)