CANCIÓN 81
A vida do pioneiro
(Eclesiastés 11:6)
1. Inda o sol non se ve, a mañá non naceu,
mais xa vou predicar
mentres oro a Xehová ó saír.
Falarei do meu Pai sen deixar de sorrir.
Uns non van escoitar,
pero outros seguro que si!
(REFRÁN)
A Xehová escollín,
non hai vida mellor!
O que pida farei, por amor.
Veña choiva ou sol,
eu irei predicar,
pra mostrarlle o que sinto no meu corazón.
2. Case o sol xa marchou, a tardiña chegou.
Canso, pero feliz,
volvo a casa orándolle a Deus:
“Grazas, Pai, que honor o teu nome levar.
Vouche da-lo mellor,
amareite por sempre xamais!”.
(REFRÁN)
A Xehová escollín,
non hai vida mellor!
O que pida farei, por amor.
Veña choiva ou sol,
eu irei predicar,
pra mostrarlle o que sinto no meu corazón.
(Ver tamén Xos. 24:15; Sal. 92:2; Rom. 14:8.)