CANCIÓN 137
As nosas fieis irmás
- 1. Sara, Ester, María, Rut mais outras... - cantas mulleres fieis ó seu Creador. - Grandes exemplos de fe e devoción! - Delas, moito nós podemos imitar. - Doutras non sabemos nin o nome, - mais afoutas foron servindo a Xehová. 
- 2. Fe, compaixón, amor e lealdade, - son calidades que quero imitar. - Estas mulleres soubéronas mostrar - e poñernos o exemplo a seguir. - Mais tamén agora, neste tempo, - moitas son as servas do noso Deus feliz. 
- 3. Fillas e nais, casadas e solteiras, - sempre dispostas, querendo axudar. - Con humildade, servides a Xehová. - O labor que vós facedes con gran fe - noso Deus non vai pasar por alto. - Moito el vos quere, seguide sendo fieis. 
(Ver tamén Flp. 4:3; 1 Tim. 2:9, 10; 1 Pe. 3:4, 5.)