LECCIÓN 06
Como empezou a vida?
A Biblia di sobre Deus: “Está en ti a fonte da vida” (Salmo 36:10 [36:9, TNM]). Cres que iso é certo? Algunhas persoas pensan que a vida apareceu por unha serie de sucesos aleatorios, que ninguén a creou. Se fose así, entón só existiriamos por casualidade. Pero se foi Xehová Deus quen a creou, entón todo tería un propósito, non si?a Imos analizar o relato da Biblia sobre a orixe da vida, e tamén por que hai boas razóns para crer que é certo.
1. Como chegou a existir o Universo?
A Biblia di: “No principio creou Deus o ceo e a terra” (Xénese 1:1). A maioría dos científicos están de acordo en que o Universo tivo un principio. Como o creou Deus? Usou o seu espírito santo para crear todo o que hai nel, incluídas as galaxias, as estrelas e os planetas (Xénese 1:2, nota).
2. Por que creou Deus a Terra?
Xehová “non a creou coma un caos, formouna para ser habitada” (Isaías 45:18). Fixo o noso planeta para que fose un fogar cómodo e permanente para os humanos (le Isaías 40:28; 42:5). A ciencia di que a Terra é única: é o único planeta coñecido que ten as condicións necesarias para a vida humana.
3. Que fai que os humanos sexan distintos dos animais?
Despois de facer a Terra, Xehová creou vida nela. Primeiro encheuna de plantas e animais. Logo, “creou Deus o home á súa imaxe” (le Xénese 1:27). Que fai que os humanos sexamos especiais? Como fomos creados á imaxe de Deus, podemos reflectir as súas calidades, como o amor e a xustiza. Tamén nos creou coa capacidade de aprender idiomas, apreciar a arte e desfrutar da música. E a diferenza dos animais, podemos adorar o noso Creador.
AFONDA MÁIS
Analiza as probas de que a vida tivo un deseñador e de que o relato da Biblia sobre a creación é lóxico. Aprende o que nos ensinan sobre Deus as calidades que temos os humanos.
4. A vida foi deseñada
As persoas obteñen recoñecemento por deseñar algo que copiaron da natureza. Pero, quen leva o crédito polos orixinais? Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:
Que cousas copiaron da natureza os deseñadores humanos?
Tódalas casas foron deseñadas e construídas por alguén. Pero, quen deseñou e construíu todo o que hai na natureza? Lede Hebreos 3:4 e logo comentade estas preguntas:
Que deseños da natureza che chaman máis a atención?
É lóxico crer que o Universo e todo o que hai nel tiveron un deseñador? Por que?
Sabíalo?
Podes atopar artigos e vídeos sobre este tema en jw.org, nas series “Deseñouno alguén?” e “Opinións sobre a orixe da vida”.
“Porque toda casa ten un constructor, pero o que constrúe todo é Deus”
5. O relato da Biblia sobre a creación é lóxico
No capítulo 1 da Xénese a Biblia explica a orixe da Terra e da vida que hai nela. Pensas que se pode confiar neste relato? Ou será só un conto? Poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:
Ensina a Biblia que Deus creou a Terra e a vida que hai nela en seis días de 24 horas?
Pensas que o relato da Biblia sobre a creación é lóxico e razoable? Por que pensas así?
Lede Xénese 1:1 e logo comentade esta pregunta:
Os científicos din que o Universo tivo un principio. Como encaixa isto co que acabas de ler na Biblia?
Hai quen se pregunta se Deus usou a evolución para crear a vida. Lede Xénese 1:21, 25, 27 e logo comentade estas preguntas:
Ensina a Biblia que Deus creou unha forma de vida simple e deixou que fose evolucionando ata dar lugar ós peixes, ós mamíferos e ós humanos? Ou creou tódalas especies de seres vivos?b
6. Os humanos somos unha creación especial de Deus
Aínda que Xehová creou os humanos e os animais, hai cousas que nos diferencian. Lede Xénese 1:26 e logo comentade esta pregunta:
Os humanos podemos mostrar amor e compaixón. Xa que fomos creados á imaxe de Deus, que nos di isto sobre a súa personalidade?
HAI QUEN DI: “O que di a Biblia sobre a creación é un conto”.
Ti que pensas? Por que?
RESUMO
Xehová creou o Universo e tódalas formas de vida.
Repaso
Que ensina a Biblia sobre a orixe do Universo?
Deixou Deus que as diferentes especies evolucionasen a partir dunha forma de vida simple, ou creounas todas?
Que fai que os humanos sexamos especiais?
INVESTIGA
Descubre exemplos da natureza que demostran que hai un deseñador.
Mira como un pai lle explica ó seu fillo o relato da Biblia sobre a creación.
Analiza se a evolución é compatible coa Biblia.
“Usou Deus a evolución para crear as diferentes formas de vida?” (Artigo web)
A vida foi creada ou apareceu por casualidade? Examina o que indican os experimentos científicos e o rexistro fósil.
A orixe da vida. Cinco preguntas que merecen resposta (Folleto)
a A lección 25 falará do propósito de Deus para os humanos.
b A Biblia usa a palabra especie como sinónimo de xénero e dálle un significado máis amplo do que lle dan os científicos.