BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lff lección 23
  • O bautismo, unha meta que vale a pena

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • O bautismo, unha meta que vale a pena
  • Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • AFONDA MÁIS
  • RESUMO
  • INVESTIGA
  • Estás listo para te bautizar?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2020
  • O bautismo e a túa relación con Deus
    Que ensina realmente a Biblia?
  • Debería bautizarme? | Parte 1: O que significa o bautismo
    Preguntas da xuventude
  • Que é o bautismo?
    Preguntas sobre a Biblia
Ver máis
Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
lff lección 23
Lección 23. Unha muller sendo bautizada como testemuña de Xehová por inmersión completa en auga.

LECCIÓN 23

O bautismo, unha meta que vale a pena

Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa

Xesús ensinou que o bautismo é un requisito para os cristiáns (le Mateo 28:19, 20). Pero, que é o bautismo? E que ten que facer unha persoa para alcanzar ese obxectivo?

1. Que é o bautismo?

A palabra bautizar vén dun termo grego que significa “mergullar”, é dicir, meter por completo debaixo da auga. Cando Xesús se bautizou foi mergullado no río Xordán e despois saíu da auga (Marcos 1:9, 10). Do mesmo xeito, os cristiáns verdadeiros que se bautizan teñen que ser mergullados por completo na auga.

2. Que demostra o bautismo?

Cando unha persoa se bautiza, demostra que se dedicou a Xehová. Como se fai esa dedicación? Antes de bautizarse, a persoa óralle a Deus en privado dicíndolle que o quere servir para sempre. Promételle que só o vai adorar a El e que facer a Súa vontade vai ser o máis importante da súa vida. Decide renunciar a si mesmo e seguir as ensinanzas e o exemplo de Xesús (Mateo 16:24). Grazas á súa dedicación e bautismo, agora pode ter unha amizade estreita con Xehová e con outras persoas que tamén o adoran.

3. Que ten que facer unha persoa antes de poder bautizarse?

Para prepararte para o bautismo tes que aprender sobre Xehová e fortalecer a túa fe nel (le Hebreos 11:6). Canto máis medren o teu coñecemento e a túa fe, máis quererás a Xehová. E seguro que tamén quererás falar acerca del e vivir de acordo coas súas normas (2 Timoteo 4:2; 1 Xoán 5:3). Cando unha persoa vive como se debe vivir “para contenta-lo Señor”, poida que decida dedicar a súa vida a Deus e bautizarse (1 Tesalonicenses 4:1).a

AFONDA MÁIS

Mira que podemos aprender do bautismo de Xesús e como pode alguén prepararse para este importante paso.

4. Que podemos aprender do bautismo de Xesús

Lede Mateo 3:13-17 para aprender máis sobre o bautismo de Xesús. Logo comentade estas preguntas:

  • Era Xesús un bebé cando foi bautizado?

  • Como foi bautizado? Botáronlle só unha pouca auga por riba?

Despois de bautizarse, Xesús comezou na Terra a obra especial que Deus lle encargara. Lede Lucas 3:21-23 e Xoán 6:38 e logo comentade esta pregunta:

  • A que lle deu Xesús prioridade na súa vida despois de bautizarse?

5. O bautismo, unha meta ó teu alcance

Ó principio poida que non te sintas preparado para dedicarte e bautizarte. Pero podes seguir dando pasos ata que chegues a estar seguro de tomar esa decisión tan importante. Para ver como conseguiron facer isto algunhas persoas, poñede o VÍDEO.

VÍDEO: Como fortalecer a túa amizade con Xehová (1:11)

Lede Xoán 17:3 e Santiago 1:5 e logo comentade esta pregunta:

  • Que lle pode axudar a unha persoa a prepararse para o bautismo?

A. Unha muller dedicándose a Deus en oración. B. A mesma muller sendo bautizada como testemuña de Xehová por inmersión completa en auga.
  1. A dedicación é unha oración que lle facemos a Xehová na que lle prometemos que queremos servilo para sempre

  2. Cando nos bautizamos mostramos diante doutras persoas que xa nos dedicamos a Deus

6. O bautismo implica chegar a ser parte da familia de Xehová

Cando nos bautizamos chegamos a ser parte dunha familia mundial unida. Aínda que vimos de diferentes lugares e culturas, todos temos as mesmas crenzas e vivimos de acordo coas mesmas normas morais. Lede Proverbios 3:32 e 1 Pedro 2:17 e logo comentade esta pregunta:

  • Que efecto ten o bautismo na relación que unha persoa ten con Xehová e con outras persoas que tamén o adoran?

Colaxe: Unha irmá bautizada pensando alegre na boa relación que ten cos irmanciños da congregación. 1. Confía nunha irmá. 2. Axuda a camiñar a unha irmá maior. 3. Come con amigos de diferentes idades. 4. Predícalle a un home coa axuda doutra irmá. 5. Saca unha foto con dúas testemuñas de diferentes razas nun congreso.

HAI QUEN DI: “Non estou preparado para bautizarme”.

  • Se é o teu caso, pensas que aínda así vale a pena esforzarse por alcanzar esa meta?

RESUMO

Xesús ensinou que os cristiáns teñen que bautizarse. Para alcanzar esa meta, unha persoa ten que fortalecer a súa fe en Xehová, vivir segundo as Súas normas e dedicarse a El.

Repaso

  • Que é o bautismo e por que é importante?

  • Que relación hai entre a dedicación e o bautismo?

  • Que pasos levan á dedicación e ó bautismo?

Intenta isto

INVESTIGA

Aprende que é o bautismo e descubre algunhas ideas equivocadas sobre este tema.

“Que é o bautismo?” (Artigo web)

Analiza que cousas poden axudar a unha persoa a chegar ó bautismo.

“O amor e o agradecemento a Xehová levan ó bautismo” (La Atalaya, marzo 2020)

Le como un home baseou a súa decisión de bautizarse en algo máis que nas emocións.

“Querían que descubrise a verdade por min mesmo” (La Atalaya, 1 febreiro 2013)

Descubre por que o bautismo é un obxectivo que vale a pena e como te podes preparar para alcanzalo.

“Debería bautizarme xa?” (Lo que los jóvenes preguntan. Respuestas prácticas, volume 2, capítulo 37)

a Se alguén foi bautizado antes noutra relixión, tería que volver a bautizarse. Por que? Porque esa relixión non ensina a verdade da Biblia (ver Feitos 19:1-5 e a lección 13).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir