BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wp20 núm. 2 páxs. 14-15
  • Ponte de parte do Reino de Deus xa agora!

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Ponte de parte do Reino de Deus xa agora!
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2020
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • BUSCARÁS EN PRIMEIRO LUGAR O REINO?
  • Que é o Reino de Deus?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2020
  • A verdade sobre o Reino de Deus
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2020
  • “Veña o teu Reino”. Unha oración repetida por millóns de persoas
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2020
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2020
wp20 núm. 2 páxs. 14-15
Un home orando antes de ler a Biblia.

Ponte de parte do Reino de Deus xa agora!

Imaxina que un enorme furacán se está achegando á zona onde vives e as autoridades están enviando as seguintes advertencias: “SAE DA ZONA! BUSCA UN REFUXIO XA!”. Que deberías facer? Buscar un lugar seguro, non si?

En certo sentido, todos nós viviremos dentro de pouco un enorme furacán, o que Xesús chamou “unha gran angustia” ou gran tribulación (Mateo 24:21). Non é algo do que poidamos escapar, pero si podemos protexernos. Como?

No Sermón do Monte, Xesús deu as seguintes instrucións: “Procurade primeiro o Reino de Deus e maila súa xustiza” (Mateo 6:33). Como se fai isto?

Buscar primeiro o Reino de Deus. Isto significa que o Reino de Deus ten que ser o máis importante na nosa vida (Mateo 6:25, 32, 33). Por que temos que velo desa maneira? Porque os humanos non temos a capacidade de resolver os problemas da humanidade. Iso é algo que só pode conseguir o Reino de Deus.

Buscar a xustiza. Isto significa que debemos esforzarnos ó máximo por vivir baixo as xustas normas de Deus e os seus principios. Por que? Porque se decidimos por nós mesmos o que está ben e o que está mal, tomaremos malas decisións e non nos irá ben (Proverbios 16:25). Pola contra, se nos deixamos guiar polas normas de Deus farémolo feliz e ademais iranos ben na vida (Isaías 48:17, 18).

Seguir buscando primeiro o Reino de Deus e mais a súa xustiza. Xesús avisounos de que algúns poderían distraerse e crer que se conseguen moitos cartos terán seguridade. Outros poderían deixar que as preocupacións da vida os teñan tan ocupados que non encontren tempo para buscar o Reino de Deus (Mateo 6:19-21, 25-32).

Por outro lado, Xesús tamén nos prometeu que aqueles que apoien o Reino de Deus terán cubertas as súas necesidades agora e, no futuro, desfrutarán para sempre de moitas bendicións (Mateo 6:33).

Aínda que os discípulos de Xesús do primeiro século puxeron o Reino de Deus e a súa xustiza en primeiro lugar nas súas vidas, non puideron ver o fin dos problemas nin do sufrimento. Con todo, facer iso protexeunos. Como?

Viviron baixo os principios morais de Deus, e iso protexeunos das dificultades que padecían as persoas que non o coñecían. Como tiñan fe en que o Reino ía vir, puideron enfrontarse ata ós problemas máis complicados. E Deus deulles “esa forza tan extraordinaria” que el ten para que puidesen aguantar (2 Corintios 4:7-9).

BUSCARÁS EN PRIMEIRO LUGAR O REINO?

Os cristiáns do primeiro século obedeceron as instrucións de Xesús de buscar primeiro o Reino. Predicaron as boas noticias deste Reino na parte do mundo que coñecían (Colosenses 1:23). Hai algún grupo de persoas facendo isto na actualidade?

Si! As Testemuñas de Xehová son conscientes de que falta pouco tempo para que o Reino de Deus termine co sistema actual. Así que fan todo o que poden para seguir este mandato de Xesucristo: “Proclamarase esta Boa Nova do Reino en todas partes para dar testemuño a tódolos pobos. Entón será a fin” (Mateo 24:14).

Como responderás a estas boas noticias? Animámoste a que sigas o exemplo dos cristiáns do primeiro século que vivían na cidade de Berea, en Macedonia. Cando escoitaron as boas noticias do Reino que lles levou o apóstolo Paulo, aceptaron a mensaxe “con todo interese”. Despois seguiron “investigando tódolos días as Escrituras” para asegurarse de que o que escoitaran era certo, e actuaron de acordo co que aprenderon (Feitos 17:11, 12).

Por todo o mundo, millóns de persoas xa deron os pasos necesarios para apoiar o Reino de Deus

  1. Dúas testemuñas de Xehová falando cun home na porta da súa casa.

    Escoita as boas noticias do Reino

  2. O mesmo home está estudando a Biblia na súa casa cunha das testemuñas de Xehová.

    Analiza a fondo a Biblia

  3. O home asistindo a unha reunión no Salón do Reino.

    Reúnete coas persoas que apoian o Reino de Deus

  4. Un home orando antes de ler a Biblia.

    Demóstralle a Deus que queres servilo

Ti tamén podes facer o mesmo. Se pos en primeiro lugar na túa vida o Reino de Deus e buscas a súa xustiza, encontrarás refuxio e protección agora e, no futuro, desfrutarás de verdadeira paz e seguridade para sempre.

Se queres coñecer mellor as actividades das Testemuñas de Xehová, vai a jw.org.

Encontrarás información en máis de 1000 idiomas.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir