Como sacarlle o máximo partido ó libro Ensina
Cando un estudante da Biblia aprende as ensinanzas bíblicas e as aplica na súa vida, medra e dá froito (Salmo 1:1-3). Nós podemos contribuír a que os nosos estudantes progresen ata ese punto se sabemos manexar ben algunhas axudas didácticas do libro Ensina.
Preguntas de introdución. Tódolos capítulos comezan con varias preguntas que se contestan ó longo dos mesmos. Unha opción é que as leas para espertar o interese do estudante por coñecer as respostas. Ou tamén podes pedirlle que comente o que pensa de cada unha delas; no caso de que exprese algunha idea errónea non o corrixas nese momento. Os seus comentarios axudaranche a ver en que puntos debes pararte máis durante a sesión de estudo (Pr. 16:23; 18:13).
Apéndice. Cando vexas que o estudante entendeu a información e está de acordo con ela, anímao a que lea pola súa conta o apéndice correspondente, en caso de habelo. Na seguinte sesión de estudo poderías dedicar uns minutos a asegurarte de que o entendeu. Non obstante, se ves que o estudante o precisa, dedica algo de tempo a analizar o apéndice, ou parte del, lendo xuntos algúns parágrafos e facéndolle algunhas preguntas que leves preparadas.
Recadro de repaso. Ó final de cada capítulo hai un recadro que contén as respostas ás preguntas de introdución. Podes usalo para asegurarte de que o estudante entende e sabe explicar as ideas principais do capítulo. Lede xuntos cada unha das respostas, así como os textos bíblicos a carón. A continuación, pregúntalle como apoian os textos bíblicos cada unha das ideas do recadro (Feit. 17:2, 3).