A NOSA VIDA CRISTIÁ
Como dar bos comentarios
Os bos comentarios edifican os nosos irmáns (Rm. 14:19). Ademais, tamén benefician a quen os dá (Pr. 15:23, 28). Polo tanto, deberiamos esforzarnos por comentar polo menos unha vez en cada reunión. Normalmente, non nos van dar comentario cada vez que levantemos a man; por iso é mellor que levemos varios preparados.
Un bo comentario...
- é sinxelo, claro e breve. Debería durar como máximo uns trinta segundos. 
- é mellor se utilizamos as nosas palabras. 
- non é unha repetición innecesaria doutro comentario. 
Se nos dan o primeiro comentario...
- debemos dar unha resposta sinxela e directa á pregunta. 
Se xa se respondeu á pregunta, podemos...
- mostrar como un texto bíblico citado apoia o punto que se está a analizar. 
- mencionar que efecto ten na nosa vida. 
- explicar como podemos poñer en práctica a información. 
- relatar brevemente unha experiencia que destaque un punto clave.